MasterChef (España)
programa de cociña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
MasterChef é un programa de televisión gastronómico español que busca o mellor cociñeiro afeccionado de España. O formato está baseado nun espazo de televisión británico de cociña co mesmo título. A produción do programa corre a cargo de Televisión Española en colaboración con Shine Iberia. Estreouse en La 1 o 10 de abril de 2013. O reality está conducido por Jordi Cruz, mentres que Jordi Cruz, Samantha Vallejo-Nágera e Pepe Rodríguez son os xefes de cociña que xulgan os pratos dos aspirantes.
Remove ads
Historia
Só quince elixidos, de entre as 9.000 persoas que se presentaron ao casting da primeira edición, competiron polo título de MasterChef España.[1]
O gañador recibiu un premio de 100.000 euros en metálico, a publicación dun libro coas súas receitas e unha formación na escola de alta cociña en Le Cordon Bleu (durante a primeira e a segunda edición) e no Basque Culinary Center (a partir da terceira edición).[2][3]
Ás probas de selección, cooordinadas pola directora de casting de Shine Iberia, Esther González, e iniciadas o 4 de febreiro de 2013 en cinco comunidades autónomas do país, presentáronse profesionais de todo tipo, dende altos executivos até amas de casa ou obreiros da construción. A todos os candidatos uníaos a súa paixón por cociñar. Debían ser cociñeiros afeccionados pero «moi cualificados» en todos os casos, aínda que non traballaran no mundo da cociña.[4]
Remove ads
Produción
A versión española de MasterChef foi filmada nos Estudios Buñuel (nas dúas primeiras edicións) e dende Fuente el Saz de Jarama (onde se graba dende a terceira edición).
O programa está producido por Televisión Española en colaboración coa produtora Shine Iberia.[2][5] A raíz do éxito colleitado a nivel internacional, este espazo de cociña foi distribuído a diferentes canles de televisión de trinta e sete países dos cales cento cuarenta e cinco emitírono.[2][5]
Remove ads
Formato
Durante o programa, transcorren unha serie de probas ás que os aspirantes deben enfrontarse para demostrar que son os mellores. Cabe indicar que os concursantes teñen un tempo determinado para realizar todas as probas, no que deben cociñar o menú e telo emplatado, e unha vez finalizado non poderán modificar os pratos. Os aspirantes teñen 3 minutos para abastecerse dos ingredientes que poidan necesitar para cociñar do supermercado nas probas de interior. As probas ás que terán que facer fronte os concursantes son:
- Caja misteriosa (proba inicial): Os concursantes recibirán un ou máis ingredientes que deben utilizar no prato a cociñar dalguhna forma, ben ao seu estilo, ou ben seguindo as indicacións ou consellos que dera o xurado. Unha vez terminado o tempo os xuíces «deliberan» e os dous ou tres mellores pratos serán os capitáns da seguinte proba. O mellor aspirante será recompensado dalguhna forma, xeralmente coa inmunidade, asegurándose a súa permanencia no concurso unha semana máis.
- Prueba por equipos: Esta proba realizarase fora das cociñas de Masterchef, xeralmente para cociñar para personalidades públicas ou recoñecidas. Os concursantes divídense en dous equipos, vermello e azul, e o capitán de cada un debe escoller aos integrantes e o menú a cociñar, empezando o mellor da proba inicial. Os concursantes terán que cociñar de forma organizada para lograr sacar todos os pratos a tempo. O equipo peor valorado terá que enfrontarse á proba de eliminación.
- Prueba de eliminación: O equipo ou os concursantes que mellor o fixeran na proba anterior estarán exentos desta proba e observarán aos compañeiros que perderan. Os concursantes perdedores deberán cociñar a receita que indique o xurado. O xurado deliberará e o dono/a do peor prato abandonará o programa definitivamente. Cabe mencionar que o xurado pode enviar a calquera aspirante directamente a esta proba en calquera momento do programa a modo de sanción, ben sexa por presentar un prato mal elaborado ou por facer algo que incumpla as normas do programa.
- Prueba de presión (proba inicial): É a proba máis dura. Unha ou varias estrelas importantes da cociña visitará o programa, enseñaralles unha das súas creacións mestras e terana que reproducir da maneira máis fidedigna posible á orixinal seguindo as indicacións e os pasos do mestre.
- Reto creativo (proba inicial): Os aspirantes serán limitados a usar úns ingredientes, e con eles deberán cociñar o prato que decidan, tratando de que os ingredientes propostos combinen de forma adecuada. O xurado pode darlles indicacións.
Remove ads
Equipo
Presentadora
Xurado
As elaboracións dos concursantes son valoradas por un xurado profesional composto por tres chefs, véndose en ocasións reforzado polos invitados do programa.
Remove ads
Tempadas
Especiais
O 23 de decembro de 2014 emitiuse un especial de Nadal cheo de reencontros, maxia, emoción e as mellores receitas de Nadal cos exconcursantes Juan Manuel, Eva, Fabián, Maribel, Vicky, Mateo, Cristóbal e Churra das dúas primeiras edicións ordinarias, e Mario, Ana Luna, Esther e Aimar, da primeira edición de MasterChef Junior. Os aspirantes enfrontáronse, individualmente e por parellas, a tres retos, doando os gañadores de cada proba o premio a unha obra social. En total repartíronse 6.000 euros. Foi presentado por Eva González e os tres membros do xurado Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nágera, a cal ademais mostrou trucos sinxelos para vestir a mesa e gozar dunha comida elegante e con estilo. Acudiron os chefs Kiko Moyá, Carles Abellán e Toño Pérez, dando ideas aos aspirantes para crear os pratos perfectos para un menú de Nadal.[6] Contou cunha audiencia de 2.330.000 espectadores e un 13% de cota de pantalla.
Remove ads
MasterChef 1 (2013)
Xurado
Concursantes
Remove ads
MasterChef 2 (2014)
Xurado
Concursantes
Remove ads
Premios e recoñecementos
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads