Matthieu Hartley
músico británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Matthieu Hartley, nado o 4 de febreiro de 1960, é un músico inglés procedente de Smallfield. É coñecido por ter sido o teclista orixinal de The Cure, pero antes diso estivo ao lado de Simon Gallup noutras dúas bandas chamadas Lockjaw e The Magazine Spies.
Cando Matthieu e Simon se uniron por vez primeira a The Cure, axudaron a impulsar á banda cara a unha nova dirección coa gravación do seu segundo álbum, Seventeen Seconds, moito máis escuro que a súa estrea con Three Imaginary Boys. Matthieu tamén foi un dos teclistas do proxecto Cult Hero. Despois dunha longa xira mundial para promocional Seventeen Seconds, deixou o grupo debido a unha diferenza de opinións cos outros tres membros. Dende que deixou The Cure tocou en distintas bandas locais, incluída Fools Dance nas súas primeiras etapas, e traballou nun zoo e de obreiro. Aínda está en contacto con Robert Smith, e vive preto del.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads