Maurice Wilkins
físico neozelandés, codescubridor da estrutura do ADN From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Maurice Hugh Frederick Wilkins, nado en Pongaroa o 15 de decembro de 1916 e finado o 5 de outubro de 2004, foi un físico neozelandés, codescubridor da estrutura do ADN.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |

Remove ads
Traxectoria
Sendo neno os seus pais trasládanse a Inglaterra. Estudou Física na Universidade de Cambridge e doutorouse na Universidade de Birmingham. Ao comezar a segunda guerra mundial trasládase aos Estados Unidos onde traballa no Proxecto Manhattan para o perfeccionamento do radar e na separación de isótopos mediante espectrógrafo de masas para construción da bomba atómica.
Wilkins xunto con Rosalind Franklin traballando sobre a difracción de raios X, describen a estrutura helicoidal do ADN, que posteriormente servirá de base para a descrición de devandita estrutura por James Watson e Francis Crick. Wilkins mostrou unhas novas imaxes de difracción de raios X de alta calidade sobre a molécula de ADN, obtidas por Franklin e sen o seu permiso, a Watson e Crick, o que lles orientou e motivou para a descrición do modelo de dobre hélice. Franklin faleceu en 1958, a súa grande estrutura subatómica foi a que axuda co descubrimento das bases nitroxenadas do ADN.
Wilkins, Watson e Crick recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1962.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maurice Wilkins ![]() |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads