Macróspora

From Wikipedia, the free encyclopedia

Macróspora
Remove ads

En botánica, chámase macróspora[1] a espora feminina das espermatófitas, as plantas que producen sementes, e corresponde á célula nai do óvulo[2].

Thumb
Óvulos de planta con megasporocitos antes da meiose: óvulo de ximnosperma á esquerda, óvulo de anxiospermas á dereita

A espora masculina denomínase micróspora e corresponde ao gran de pole.

Esta denominación vén do feito destas plantas presentaren alternancia de xeracións, entre unha fase diploide, o esporófito, que produce esporas haploides que, á súa vez, dan orixe ás células sexuais, os gametos.

Os nomes macróspora e micróspora derivan das distintas dimensións relativas destas esporas, normalmente máis pequenas as masculinas.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads