Antonio Meijide Pardo
historiador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Antonio Meijide Pardo, nado no Barco de Valdeorras o 30 de abril de 1917 e finado na Coruña o 24 de xuño de 2004,[1] foi un historiador galego.
Remove ads
Traxectoria
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Residiu na Coruña desde 1940 onde foi catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Eusebio da Guarda, posto do que se xubilou en 1985. Investigou a invasión inglesa de 1719 e as reais fábricas en Galicia.
Socio fundador do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, ingresou na Real Academia Galega o 25 de maio de 1963 co discurso Origen y progresos de la Escuela de Náutica de La Coruña (1790-1825), respondido por Ramón Otero Pedrayo[2]. Foi tesoureiro da RAG entre 1983 e 1997[3], ademais de vicepresidente do Padroado da Biblioteca do Real Consulado da Coruña.
Remove ads
Obra
- La URSS, Geografía, Economía, Industria (1952)
- Brasil: la gran potencia del siglo XXI (Porto y Cía. Editores, 1955. 2ª ed. 1957)
- La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII (1960)
- Estudio geoeconómico del complejo industrial de La Grela (1962).
- Correos marítimos entre Falmouth e A Coruña (1689-1815) (1966). Discurso de ingreso no Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.[4]
- La invasión inglesa de Galicia en 1719 (1970)
- Economía marítima de la Galicia Cantábrica en el siglo XVIII (1971)
- Negociantes catalanes y sus fábricas de salazón en la ría de Arosa (1780-1830) (1973)
- Jerónimo Piñeiro de las Casas, liberal gallego (1975)
- Documentos para la historia de las Reales Fábricas de Sargadelos (1978, 1993)
- Vigo en su historia (con Fernando Acuña, J. M. Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Antonio Odriozola et alii, 1980).
- El comercio del bacalao en la Galicia del XVIII (1981)
- Vicente Vizcaíno. Biografía de un jurista y economista del XVIII (1981)
- Documentos para la historia de las reales fábricas de Sargadelos (Cuadernos del seminario de estudios cerámicos de Sargadelos, 1982).
- Escritos e autores na Galicia da Ilustración (Real Academia Galega, 1982)[5].
- El puerto de La Coruña en el siglo XVIII (1984)
- Testimonios históricos sobre la antigüedad del cultivo de la patata en Galicia (1984)
- La antigua minería del cobre en el valle de Valdeorras (1985)
- Mentalidades gallegas de antaño: El científico Fernández Taboada (1775-1841) (1988)
- Eusebio da Guarda y el Instituto de 2ª Enseñanza de A Coruña (1991)
- El ilustrado, político y economista gallego Jacobo María de Parga y Puga 1774-1850 (1992)
- Nuevas aportaciones para la historia de las reales fábricas de Sargadelos (Cuadernos do Seminario de Sargadelos, 1993).
- Sinforiano López, pionero del liberalismo (1995)
- Temas y personajes de la historia coruñesa contemporánea (1997)
Remove ads
Recoñecementos
Recibiu a Cruz de Afonso X o Sabio e a Medalla Castelao (1996).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads