Mergullón real

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mergullón real
Remove ads

O mergullón real[2][3][4] (Podiceps auritus) é unha especie de ave podicipediforme da familia Podicipedidae propia de Eurasia e Norteamérica. En Galicia é un invernante raro.[3]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

Thumb
Macho e femia en plumaxe nupcial.
Thumb
Exemplar en plumaxe non reprodutora.

Trátase dun mergullón cun corpo repoludo. Mide entre 31 e 38 cm de longo, cunha envergadura alar de 59 a 65 cm,[5] e pesa arredor de 400 g. En verán é inconfundible, tanto o macho coma a femia teñen a cabeza negra, cun píleo plano e dous penachos nos laterais de cor amarela alaranxada en forma de cuña, que parten dos ollos cara a atrás. Tamén a plumaxe das súas meixelas negras sobresae en forma de cuña. O seu pescozo, peito e flancos son de cor castaña avermellada. O seu dorso e parte superior das ás son negras, mentres que o seu ventre e a parte inferior das súas ás son brancos, aínda que quedan ocultos cando nadan. O seu ollo é de cor encarnada intensa, e ten o peteiro negro, longo e bicudo, coa punta branca. En inverno a súa plumaxe pasa a ser de cor gris escura nas partes superiores, coas meixelas e as partes inferiores brancas, incluída a parte frontal do pescozo.

Remove ads

Taxonomía e etimoloxía

O mergullón real foi descrito cientificamente por Carl von Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema naturae, co nome de Colymbus auritus,[6] que significa 'movella con orellas'. Posteriormente foi trasladado ao xénero Podiceps, creado por John Latham en 1787,[7] aínda que clasificado como o resto da súa familia xunto coas movellas en Colymbiformes. Ata o século XX non se separaron os mergullóns na súa propia orde, Podicipediformes. Recoñécense dúas subespecies de mergullón real:[8]

  • P. a. auritus, (Linnaeus, 1758) - vive en Eurasia;
  • P. a. cornutus, (Gmelin, 1789) - presente en Norteamérica.

A etimoloxía tanto do nome do xénero coma do da especie é latina. Podiceps procede da combinación das palabras podex/podicis que significa 'ano' e pes que significa 'pé',[9] en referencia á posición moi traseira das súas patas. Pola súa parte, auritus, que procede de auris (orella), significa 'con orellas', en alusión á forma da plumaxe da súa cabeza en época de cría.

Remove ads

Distribución e hábitat

O mergullón real cría nos lagos do norte de Eurasia e Norteamérica. En inverno migra ás costas do Atlántico e Pacífico norte. En Europa chega ás costas do norte da Península Ibérica, incluída Galicia[3], en Asia chega ás costas chinesas á altura de Taiwán e en Norteamérica ata o Caribe mexicano; ademais de a zonas do norte do Mediterráneo e mar Negro e o sur do Caspio. Na época invernal establécese xeralmente en augas costeiras abeiradas e estuarios lamacentos, e con menos frecuencia en augas interiores.

Thumb
Femia coas súas crías en Alasca.

Comportamento

Thumb
Ovo de Podiceps auritus no MHNT

A súa voz é un trilo agudo, rápido, tipo asubío. En verán adoita ser silencioso.

Aniña de abril a xullo, poñendo catro ou cinco ovos sobre un montón de herbas suxeitas a talos de gramíneas altas.

Aliméntase de peixes pequenos, aos que captura mergullándose. Tamén come, en verán, insectos e crustáceos actuáticos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads