Cabaleiros da Táboa Redonda
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os cabaleiros da Táboa Redonda foron os homes premiados coa máis alta orde da Cabalaría, na corte do Rei Artur, no Ciclo Artúrico. A Táboa Redonda ou Mesa redonda, ao redor da cal eles se reunían, foi creada con este formato para que non tivese cabeceira, representando a igualdade de todos os seus membros. En diferentes historias, varía o número de cabaleiros, indo de 12 a 150 ou máis.[1] A Winchester Round Table, que data de 1270, é unha lista con 25 nomes de cabaleiros.
- Non confundir con Mesa redonda de debate.
Remove ads
Código de cabalaría
Sir Thomas Malory describe o código dos cabaleiros como:
- Nunca insultar nin asasinar;
- Evitar sempre a traizón;
- De ningunha forma ser cruel, mais conceder misericordia a quen pedir por ela;
- Sempre socorrer señoras, damas e viúvas;
- Nunca forzar señoras, damas ou viúvas;
- Nunca asumir loitas e querelas erradas por amor ou bens materiais.
- Sempre protexer o non matar.
- Axudar ao próximo.
Orixes da Táboa Redonda
O primeiro escritor a describir a Táboa Redonda foi o poeta do século XII Wace, cuxo Roman de Brut tomou como base a Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth. Este recurso foi utilizado por moitos autores posteriores. Aínda, mesmo os primeiros autores atribúen a Artur un séquito de guerreiros extraordinarios; en Geoffrey, a corte de Artur atrae os maiores heroes de toda a Europa. No material artúrico galés, moito do cal está incluído nos Mabinogion, atribúense habilidades sobrehumanas aos homes de Artur. Algúns dos personaxes do material galés aparecen mesmo so nomes alterados como cabaleiros da Táboa Redonda nas novelas continentais, os mais notábeis dos cales son Cai (sir Kay), Bedwyr (sir Bedivere) e Gwalchmai (sir Gawain).
Remove ads
Lista de cabaleiros da Táboa Redonda
Teoricamente, a Táboa Redonda tería apenas 12 ou 24 cabaleiros, conforme as versións. No entanto, nas varias historias e versións das lendas, aparecen referidos como cabaleiros mais dunha centena de nomes, dos cales, os mais famosos van a seguir referidos.
Nota: nas versións medievais galego-portuguesas das historias da Táboa Redonda, os nomes dos cabaleiros eran moitas veces precedidas do título de nobreza don. Modernamente, por influencia anglosaxoa, mesmo nas linguas galega e portuguesa pasou a ser común preceder os nomes polo título británico correspondente (sir).
Segundo as varias versións da historia os vencedores da demanda do Graal foron Galahaz, Perceval ou Bohort.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads