Methone (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Methone (en grego Μεθωνη) é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado.
Foi vista por primeira vez polo Equipo de Imaxes da Cassini[3][4] e recibiu a designación temporal de S/2004 S 1. Methone é tamén coñecida coma Saturno XXXII.
Methone está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Mimas. Isto causa unha perturbación orbital no semieixo maior duns 20 kms de variación respecto da lonxitude do citado semieixo, se este non estivese perturbado, e ademais 5° na lonxitude, estas variacións teñen lugar ó longo duns 450 días terrestres. A excentricidade e inclinación tamén varían pero en diferentes escalas de tempo, varía entre 0,0011 e 0,0037 para a excentricidade e entre 0,003° e 0,020° para a inclinación.[1] A proximidade ás órbitas de Pallene e Anthe suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.
O nome de Methone foi aprobado pola UAI o 21 de xaneiro do 2005 [5] e ratificado na Asemblea Xeral da UAI do 2006. Methone recibiría o nome dunha das sete fillas do xigante Alcioneo.[6]

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads