Árbore das bruxas

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Árbore das bruxas
Remove ads

A árbore das bruxas[2] ou metrosideros excelso[3] (Metrosideros excelsa) é unha árbore perennifolia da familia dos mirtos que produce un feixe de flores rechamangueiras compostas de conxuntos de estames. O metrosídero é unha das doce especies de Metrosideros endémicas de Nova Zelandia. Chámase pōhutukawa na súa lingua. En Galiza atopamos varios exemplares coma ornamentais, algúns deles senlleiros.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Remove ads

Descrición

Thumb
Porte da árbore

A árbore medra até 20 m de altura, cunha copa extensa en forma de cúpula. O seu rango natural son as rexións costeiras da Illa do Norte de Nova Zelandia, ao norte dunha liña que se estende dende New Plymouth (39° S) a Gisborne (39° S). Tamén medra á beira dos lagos da área de Rotorua. Un espécime xigante de pohutukawa en Te Araroa, na beiramar leste, ten sona de ser a árbore máis grande do país, cunha altura de 20 m e unha extensión de follaxe de 38 m.[4] A árbore ten a reputación de ser un habitante dos cavorcos. É capaz de se manter agarrado ás fendas das abas en precarias e case verticais situacións. Algúns espécimes teñen raíces aéreas enmarañadas e fibrosas. Como o seu pariente hawaiano o lehua (M. polymorpha), a árbore do fogo amosouse eficiente na colonización dos campos de lava, notabelmente na Illa Rangitoto, un volcán no porto de Auckland.

Remove ads

Flores

O pohutukawa florea de novembro a xaneiro cun pico no medio do final de decembro (o verán do hemisferio sur), con brillantes flores carmesí cubrindo a árbore, polo tanto ten o sobrenome de árbore de Nadal de Nova Zelandia. Hai unha variación entre as árbores individuais no tempo da floración, na sombra e brillo das flores. En poboacións illadas a deriva xenética resultou en variación local: moitas das árbores que medran arredor dos lagos producen flores rosadas, e hai cultivares de flores amarelas, "Aurea", descendentes dun par descuberto en 1940 na Illa Motiti en Bay of Plenty (Baía da fartura).

Remove ads

Conservación

En Nova Zelandia, a árbore do fogo está ameazada pola especie Trichosurus vulpecula que consome as súas follas. Un fondo caritativo de conservación, Project Crimson (Proxecto Carmesí), ten o obxectivo de reverter o declive da pohutukawa e doutras especies de Metrosideros.

Árbores senlleiras en Galiza

Thumb
Árbore das bruxas na policía local da Coruña

Dous exemplares de árbores do fogo (Metrosideros excelsa) figuran no catálogo de árbores senlleiras de Galiza, elaborado pola Xunta de Galicia:

  • Árbore do fogo do Xardín da Torre de Andrade, en Pontedeume (A Coruña).
  • Árbore do fogo do xardín da Policía da Coruña, na Coruña.

Cultivo

Thumb
Árbore do fogo a rosear.

A árbore do fogo é unha árbore popular ornamental, vizosa e doada de cultivar. Áchase naturalizada na área de Wellington no norte da Illa do Sur. A pohutukawa foi ademais introducida en países de clima temperado a subtropical, incluíndo o sueste de Australia, naturalizándose na Illa Norfolk. Na costa de California, é unha árbore popular de rúa e xardín. En partes de Suráfrica o metrosídero medra tan ben que é considerado especie invasora, tamén se está a naturalizar nos cavorcos costeiros da rexión de Sydney, Australia.

En Europa dáse moi ben en Galiza, chegando á Coruña[5] e o sur de Inglaterra.[6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads