Metta World Peace

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Metta World Peace
Remove ads

Metta World Peace, nado o 13 de novembro de 1979 como Ronald William Artest, Jr., en Queensbridge, Nova York, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para os Lakers na National Basketball Association (NBA). Mide 2,01 metros e pesa 118 kg, a súa posición natural é a de ala. Leva nas súas costas o número 37.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Seleccionado por Chicago Bulls na 16ª posición da primeira rolda no Draft de 1999 procedente de St. John's, onde xogou até o 2001, cando foi traspasado aos Indiana Pacers, e posteriormente, no 2006, foi traspasado a Sacramento Kings. O 14 de agosto de 2008 foi traspasado xunto con Sean Singletary e Patrick Ewing, Jr. a Houston Rockets, a cambio de Donté Greene, Bobby Jackson, unha futura rolda do draft de 2009. O 2 de xullo de 2009 alcanzou un acordo para xogar con Los Angeles Lakers. É un xogador conflitivo, pois chegou a agredir ao público nunha pelexa entre varios xogadores. Yao Ming declarou que "espera que non se tire a pegar a ninguén na bancada".

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads