Michael Shuman
músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Michael Shuman, coñecido ás veces como Mikey Shoes, e nado o 20 de agosto de 1985 nos Ánxeles, é un músico estadounidense, coñecido por ser o actual baixista da banda Queens of the Stone Age. Tamén tocou o baixo na banda Jubilee, da que foi cofundador e colíder, e tamén está relacionado cos grupos Wires Of Fire e Mini Mansions.
Remove ads
Biografía
Shuman graduouse na Loyola Marymount University dos Ánxeles, e previamente fora a tres distintos centros de ensino: o Campbell Hall High School de North Hollywood, o Portola Middle School en Tarzana e o Lanai Road Elementary School en Encino. Shuman co-fundou, co-liderou e tocou o baixo en Jubilee ata finais do ano 2008, e é o baixista na banda Wires On Fire, ámbalas dúas cun contrato con Buddyhead Records. Shuman uniuse a Queens of the Stone Age no ano 2007, despois da edición do álbum Era Vulgaris como substituto de Alain Johannes, que preferiu centrarse noutros proxectos musicais.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads