MidSTAR-1
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
MidSTAR-1 (acrónimo de Midshipman Space Technology Applications Research 1) é un satélite artificial da Academia Naval dos Estados Unidos para facer diversos experimentos no espazo. Foi lanzado o 9 de marzo de 2007 mediante un foguete Atlas V.[2][4]
Remove ads
Características
MidSTAR-1 é un satélite adicado á experimentación no espazo. Levou a bordo un experimento sobre membranas electroquímicas da NASA[6] e un microdosímetro do Instituto Nacional de Investigación Biomédica no Espazo (NSBRI). Foi inxectado nunha órbita inicial de 512 km de apoxeo e 510 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 46,0 graos e un período orbital de 94,6 minutos.[2][3][4]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads