Miguel Muñoz

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Miguel Muñoz
Remove ads

Miguel Muñoz Mozún, nado en Madrid o 19 de xaneiro de 1922 e finado na mesma cidade o 16 de xullo de 1990, foi un futbolista e adestrador de fútbol, que xogaba na demarcación de dianteiro.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Como xogador

Comezou a xogar nos primeiros anos da posguerra en varios equipos de Madrid, como a Ferroviaria, o Girod ou o Imperio. En 1943 tarde xoga no CD Logroñés mentres facía o servizo militar pero o equipo descende a Terceira División e ao rematar a tempada ficha polo Racing de Santander

En 1946 ficha polo Celta de Vigo, onde militou dúas tempadas nas que chegou a disputar a final da Copa do Xeneralísimo, pese a marcar un gol na final o equipo perdeu ante o Sevilla FC por 4-1.

En 1948 foi traspasado ao Real Madrid, xunto á outra estrela do equipo Pahiño. Permanece no club madrileño dez tempadas, marcando o primeiro gol do equipo en competición europea e participando na conquista das tres primeiras Copas de Europa do club amais doutros títulos.

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en sete ocasións, debutando o 20 de xuño de 1948 ante Suíza.

Retirouse no Real Madrid no ano 1958.

Como adestrador

Un ano despois da súa retirada asumiu o cargo de adestrador do Real Madrid, gañando ese mesmo ano a Copa de Europa e converténdose así no primeiro en gañala como xogador e adestrador.

Dirixiu ao Real Madrid durante 13 anos, nun total de 601 encontros de Liga, gañando 9 veces o campionato ligueiro, dúas a Copa do Xeneralísimo, dúas a Copa de Europa e 1 Copa Intercontinental.

Tras deixar ao equipo madrileño dirixiu ao UD Las Palmas, co que chegou á final da Copa en 1978, encontro que perdeu ante o FC Barcelona por 3-1.

Adestrador da Selección de fútbol

Tralo Mundial de Fútbol España 1982 foi nomeado adestrador da Selección de fútbol de España dirixíndoa ata 1988. Nestes anos clasificou ao equipo para a Eurocopa de Fútbol Francia 1984 no famoso encontro contra Malta, no que tiña que gañar por unha diferenza de 11 goles e que rematou cun 12-1. Finalmente España sería subcampioa da Eurocopa por detrás da anfitrioa, Francia.

Tamén dirixiu o equipo no Mundial de Fútbol no que alcanzou os cuartos de final, sendo eliminada por Bélxica.

O último torneo que dirixiu Miguel Muñoz foi a Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988, na que quedou eliminada na fase de grupos.

É o adestrador que máis encontros dirixiu ao Real Madrid e o terceiro adestrador con máis encontros dirixidos en Liga, so por superado por Luís Aragonés e Javier Irureta, e o que máis títulos de Liga gañou, 9.

Remove ads

Palmarés

Como xogador

Campionatos nacionais

Como adestrador

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads