Miguel Sande

xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Miguel Sande
Remove ads

Miguel Anxo Sande Corral, nado en Pastoriza (Arteixo) en 1961, é un escritor e xornalista galego.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Xornalista de profesión, foi delegado de La Voz de Galicia na Mariña lucense e no Occidente de Asturias. Vive en Viveiro.

O seu primeiro libro publicado é Á alba pide comigo vivir, co que quedou finalista do Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca no ano 1984, convocado polo Instituto das Artes Escénicas, do Ministerio de Cultura. En 1998, publicou a segunda obra de teatro, Ninguén chorou por nós, premiado co Rafael Dieste, foi estreado en setembro de 1999 no Teatro Colón de Vigo nunha adaptación libre da compañía Teatro Bruto. No 2000 publicou 39 veces chao, un monólogo a través dun teléfono móbil.[2]

Como poeta publicou o libro A palabra soterrada, escrito no deserto do Sáhara, entre Tunisia e Alxeria.

Remove ads

Obra en galego

Poesía

Narrativa

  • Se algún día esta muller morta (2006). Vigo: Galaxia. 104 páxs. ISBN 978-84-8288-970-2.[4]
  • A vida fóra (2011). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-9865-370-0.[5]
  • A candidata (2016). Vigo: Galaxia. 136 páxs. ISBN : 978-84-9865-736-4.[6]
  • O negociador (2022). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 9788411101110. As negociacións do secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español narradas a través dun testemuño excepcional.[7]

Teatro

Ensaio

Obras colectivas

Remove ads

Obra en castelán

Poesía

  • Poemas (1981). A Coruña: La Voz de Galicia.

Premios

  • Finalista do Premio Nacional de teatro Calderón de la Barca en 1985, por Á alba pide comigo vivir.
  • Premio de teatro Rafael Dieste en 1998, por Ninguén chorou por nós.
  • Finalista do premio de teatro Rafael Dieste en 2001, por 39 veces chao.
  • Gañador do I Premio Narrativa Breve Repsol en 2006, pola novela Se algún día esta muller morta.
  • Premio García Barros en 2016, pola novela A candidata.
  • Gañador da XVII edición do Premio de Poesía Afundación 2019 por Os filósofos xa non brindan con cicuta.[10][11]
  • Gañador do XXV Premio de poesía Johan Carballeira por Brinde e desespero.[12]
  • Finalista do Premio Xerais de Novela 2021 por O negociador.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads