Miloš Forman
director, guionista e profesor checo-estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Miloš Forman ou Milos Forman, nado en Čáslav (hoxe na República Checa) o 18 de febreiro de 1932 e finado en Warren (Connecticut) o 13 de abril de 2018[1] foi un director de cine estadounidense de orixe checoslovaca.
Remove ads
Traxectoria
Nado como Jan Tomáš Forman, a súa nai, Anna Švábová, era a dona dun hotel finada no campo de concentración de Auschwitz en 1944. Na súa infancia, Forman cría que o seu pai era Rudolf Forman, membro dun grupo antinazi, pero aos dezaseis anos descubriu que realmente era Otto Kahn, arquitecto xudeu.
Comezou a súa carreira como director con películas inscritas no Novo Cinema Checoslovaco. Trala invasión soviética de 1968 marchou aos Estados Unidos, nacionalizándose en 1977.
Os seus maiores éxitos foron Alguén voou sobre o niño do cuco e Amadeus, cos que gañou o oscar ao mellor director entre outros premios.
Remove ads
Filmes
- Kdyby ty muziky nebyly (1963)
- Konkurs (1963)
- Černý Petr (1964)
- Lásky jedné plavovlásky (1964)
- A well paid walk (1966)
- Hoří, má panenko (1967)
- Liberándose (1971)
- Visions of Eight (1973)
- Alguén voou sobre o niño do cuco (1975)
- Hair (1979)
- Ragtime (1981)
- Amadeus (1984)
- Valmont (1989)
- The People vs. Larry Flynt (1996)
- Man on the Moon (1999)
- Goya's Ghosts (2006)
- The Ghost of Munich (2011)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads