Minamata
concello da prefectura de Kumamoto da rexión de Kyūshū no Xapón From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Minamata (水俣市, みなまたし, Minamata-shi) é un concello da prefectura de Kumamoto no Xapón. Está situado no centro-sur da rexión de Kyūshū e ao extremo sur da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 162,89 km² de superficie, unha poboación de 27.619 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 170 h/km².
Colleu sona porque foi o centro dun envelenamento masivo por verteduras de metilmercurio nos anos 1950, o que se coñeceu como enfermidade de Minamata.
O concello de Minamata limita cos concellos de Tsunagi, Ashikita, Kuma (que son da prefectura de Kumamoto); de Izumi e Isa (que son da prefectura de Kagoshima).
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

