Míridos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Míridos
Remove ads

Os míridos (Miridae) son unha familia grande e diversa de insectos hemípteros, antes chamada Capsidae.[1] É a familia máis grande pertencente á suborde Heteroptera; comprende unhas 10.000 especies coñecidas, e están describíndose especies novas decote. Os míridos máis coñecidos son os que son pragas agrícolas que perforan os tecidos das plantas, aliméntanse dos seus zumes internos e ás veces transmiten enfermidades virais ás plantas. Porén, algunhas especies son predadoras.

Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...
Remove ads

Descrición

Thumb
Especie típica de Miridae, mostrando o cúneo no extremo do corio
Thumb
Á dunha especie de Miridae, mostrando o cúneo

Os Miridae son pequenos insectos terrestres, xeralmente de forma oval ou alongada que miden menos de 12 mm de longo. Moitos deles teñen un aspecto chepudo debido á forma do seu protórax, que leva a cabeza dobrada cara a abaixo. Algúns teñen vivas cores e debuxos atractivos, outros son marróns oliva apagados ou escuros, e a maioría son pouco rechamantes. Algúns xéneros son imitadores das formigas en certos estadios da súa vida. Os Miridae non teñen ocelos. O seu rostro consta de catro segmentos. Unha característica útil na identificación dos membros da familia é a presenza dun cúneo, que é o extemo triangular do corio, a parte dura e córnea da á anterior, o hemiélitro. O cúneo é visible en case todos os Miridae e nuns poucos outros Hemiptera, concretamente na familia Anthocoridae, que non se parecen moito aos Miridae noutras características. Os tarsos case sempre teñen tres segmentos.[2]

Remove ads

Algunhas especies de míridos

  • Lygus spp., inclúe especies que son pragas do algodón, amorodos e alfalfa.
  • Stenotus binotatus, praga menor dos cereais, especialmente do trigo
  • Campylomma liebknechti dana os casulos florais e froitos en crecemento das maceiras.
  • Helopeltis e Afropeltis spp., que infestan varias colleitas como o tea, cacao e algodón
  • Diaphnocoris chlorionis dana as follas da árbore Gleditsia triacanthos.
Thumb
Creontiades dilutus
  • Creontiades dilutus, un mírido verde que dana diversas colleitas.
  • Closterotomus norwegicus praga da pataca e allo en Nova Zelandia.
  • Deraeocoris nebulosus prefire comer outros insectos en vez de plantas, e utilizouse como axente de biocontrol contra ácaros e insectos Coccoidea.[3]
  • Dicyphus hesperus zuga os zumes internos de varias plantas, pero tamén depreda insectos Aleyrodidae e ácaros Tetranychus urticae e pode utilizarse para o control biolóxico de pragas.[4]
Remove ads

Sistemática

Esta familia inclúe un gran número de especies, moitas das cales son aínda descoñecidas, distribuídas en máis de 1300 xéneros. A árbore taxonómica comprende as seguintes subfamilias e numerosas tribos:

  • Bryocorinae
    • Bryocorini
    • Dicyphini
    • Eccritotarsini
  • Cylapinae
    • Cylapini
    • Fulviini
  • Deraeocorinae[5]
    • Clivinematini
    • Deraeocorini
    • Hyaliodini
    • Saturniomirini
    • Surinamellini
    • Termatophylini
  • Isometopinae
    • Diphlebini
    • Isometopini
  • Mirinae
    • Herdoniini
    • Hyalopeplini
    • Mirini
    • Pithanini
    • Restheniini
    • Stenodemini
Oviposición de Globiceps sp. (Orthotylini)
  • Orthotylinae
    • Ceratocapsini
    • Halticini
    • Orthotylini
  • Phylinae
    • Hallodapini
    • Leucophoropterini
    • Phylini
    • Pilophorini

Psallopinae

Auth.: Schuh, 1976

  1. Isometopsallops Herczek & Popov, 1992
  2. Psallops Usinger, 1946
  3. Cylapopsallops Popov & Herczek, 2006
  4. Epigonopsallops Herczek & Popov, 2009

Xéneros Incertae sedis

BioLib inclúe:

  1. Amulacoris Carvalho & China, 1959
  2. Anniessa Kirkaldy, 1903
  3. Auchus Distant, 1893
  4. Bahiarmiris Carvalho, 1977
  5. Brasiliocarnus Kerzhner & Schuh, 1995
  6. Carmelinus Carvalho & Gomes, 1972
  7. Carmelus Drake & Harris, 1932
  8. Chaetophylidea Knight, 1968
  9. Charitides Kerzhner, 1962
  10. Colimacoris Schaffner & Carvalho, 1985
  11. Cylapocerus Carvalho & Fontes, 1968
  12. Duckecylapus Carvalho, 1982
  13. Englemania Carvalho, 1985
  14. Eurycipitia Reuter, 1905
  15. Faliscomiris Kerzhner & Schuh, 1998
  16. Fuscus Distant, 1884
  17. Guerrerocoris Carvalho & China, 1959
  18. Gunhadya - monotypic Gunhadya rubrofasciata Distant, 1920
  19. Heterocoris Guérin-Ménéville in Sagra, 1857
  20. Knightocoris Carvalho & China, 1951
  21. Leonomiris Kerzhner & Schuh, 1998
  22. Macrotyloides Van Duzee, 1916
  23. Merinocapsus Knight, 1968
  24. Mircarvalhoia Kerzhner & Schuh, 1998
  25. Montagneria Akingbohungbe, 1978
  26. Muirmiris Carvalho, 1983
  27. Myochroocoris Reuter, 1909
  28. Nesosylphas Kirkaldy, 1908
  29. Notolobus Reuter, 1908
  30. Nymannus Distant, 1904
  31. Paracoriscus Kerzhner & Schuh, 1998
  32. Paraguayna Carvalho, 1986
  33. Prodomopsis TBD
  34. Prodomus TBD
  35. Pseudobryocoris Distant, 1884
  36. Pygophorisca Carvalho & Wallerstein, 1978
  37. Rayeria TBD
  38. Rewafulvia Carvalho, 1972
  39. Rhynacloa Reuter
  40. Rondonisca Carvalho & Costa, 1994
  41. Rondonoides Carvalho & Costa, 1994
  42. Rondonotylus Carvalho & Costa, 1994
  43. Spanogonicus Berg
  44. Sthenaridia TBD
  45. Zoilus Distant, 1884
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads