Provincia de Misiones

provincia da Arxentina From Wikipedia, the free encyclopedia

Provincia de Misiones
Remove ads

A provincia de Misiones é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.101.593 habitantes (2010) e a súa capital é Posadas. Situada no nordeste do país, é a segunda provincia máis pequena do estado con 29.801 km², superando tan só a Tucumán. No 2008 a súa poboación alcanzaba 1.077.981 habitantes.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...

Misiones debe o seu nome ás misións xesuítas estabelecidas no seu territorio (reducións) e gobernadas por eles até o ano 1767, data na que foron expulsados dos territorios da coroa española.

Remove ads

Límites

Misiones limita polo norte e polo leste co Brasil, polo oeste con Paraguai, e polo sur coa provincia de Corrientes.

Xeografía

Corrientes está caracterizado polo seu terreo quebrado, aínda que propiamente non é terreo montuoso. Porén os ríos escavaron vales numerosos. Os principais ríos son o Paraná, o Paraguai e o Iguazú, cada un deles provisto de innúmeros afluentes.

O clima é tropical de tipo húmido, con chuvias repartidas ao longo de todo o ano, o que propicia unha abundante vexetación boscosa.

Principais cidades

  • Posadas (253.000 hab.)
  • Obera (55.000 hab.)
  • Eldorado (54.000 hab.)
  • San Vicente (38.000 hab.)
  • Puerto Iguazú (32.000 hab.)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads