Salsa (gastronomía)

alimento líquido, cremoso ou semisólido servido encima doutras comidas, ou usado para preparar outras comidas From Wikipedia, the free encyclopedia

Salsa (gastronomía)
Remove ads

En gastronomía denomínase salsa, chorume, mollo ou prebe[1] a unha mestura líquida de ingredientes que teñen por obxecto acompañar un prato. A consistencia líquida (ou semilíquida) dunha salsa pode cubrir unha ampla gama que pode ir dende o puré á máis líquida dun caldo. A salsa enténdese coma un engadido líquido para os alimentos. O obxectivo da salsa é acompañar a outras comidas mellorando ou potenciando o sabor, facendo un contraste ou complementándoo, é por este motivo que adoitan ofrecer ao padal sensacións relativamente marcadas, con aromas que estimulan os sentidos do propio padal. Poden estar tinguidas de cores diversas que afectan á aparencia visual dun prato.

Thumb
Salsas diversas.

En Galiza, o emprego de salsas é común nos asadoiros e grellas. Non obstante, fóra destes non existe a variedade nin o interese pola salsa no mesmo grao que adoita acontecer no resto de países hispanos.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads