Monumenta Germaniae Historica

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Os Monumenta Germaniae Historica (frecuentemente abreviado MGH nas bibliografías e nos elencos de fontes) é unha serie completa de fontes escritas, desde os tempos do Imperio Romano ata o século XVI, atentamente preparadas e publicadas para o estudo da historia de Alemaña.

O instituto MHG

O instituto (Deutsches Institut für Erforschung des Mittelalters) que xestiona a serie fundouno o político e reformista prusiano Heinrich Friedrich Karl vom Stein en 1819 en Berlín, e o primeiro volume apareceu no 1826. Moitos eminentes medievalistas alemáns e doutros países levaron adiante o traballo de recoller e confrontar manuscritos e producir edicións de estudo. O lema escolleito por Stein, Sanctus amor patriae dat animum ("o santo amor pola patria fortifica o espírito") amosa a coincidencia do nacionalismo romántico coa erudición.

O instituto tamén publica a revista de historia Deutsches Archiv für Erforschung des Mittelalters (DA).

O instituto trasladouse a Múnic no ano 1949.

A serie dos presidentes é a seguinte:

Remove ads

A serie MGH

A colección articúlase en cinco grandes áreas: Antiquitates, Diplomata, Epistolae, Leges e Scriptores. Tamén existe unha sección Necrologia. Abríronse tamén moitas áreas subsidiarias, mesmo unha serie de volumes máis compactos para uso escolar (Scriptores in usum scholarum) e unha serie de estudos especiais (MGH Schriften).

O proxecto, un dos meirandes esforzos colectivos de estudos históricos, continúa no século XXI. No 2004 os MGH, co apoio da Deutsche Forschungsgemeinschaft, deron un paso adiante significativo: todas as súas publicacións que se editaran había máis de cinco anos poden lerse en liña nunha reprodución fotodixital, no sitio web dos MGH.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads