Morfoloxía (bioloxía)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

En bioloxía, a morfoloxía é a disciplina encargada do estudo da forma e estrutura dun organismo ou sistema. A morfoloxía é unha ciencia biolóxica que trata da forma e transformacións dos seres orgánicos.

Conceptos clave en morfoloxía

Thumb
Gegenbaur: homoloxía entre membros anteriores (1870)

Subdisciplinas

Morfoloxía descritiva

A morfoloxía descritiva encárgase da descrición e comparación das formas orgánicas (véxase o artigo Anatomía comparada).

Morfoloxía teórica

A morfoloxía teórica ten como principal obxectivo o estudo das constricións morfolóxicas.[1] O modelo de David M. Raup para a construción do morfoespazo das cunchas dos gasterópodos é un dos exemplos máis sobresalientes.[2]

  • A morfometría é unha rama da morfoloxía teórica encargada de cuantificar a morfoloxía dos organismos, reducindo os espécimes a abstraccións numéricas. As ferramentas de modelización máis empregadas para tal fin son os patróns logarítmicos, a xeometría fractal e os autómatas celulares.

Morfoloxía funcional

A morfoloxía funcional ocúpase do estudo da forma orgánica e as características en relación coa función. Entre os seus representantes máis destacados atópanse D.D. Davis e David Wake.

Morfoloxía evolutiva

A Morfoloxía evolutiva ocúpase do estudo da historia da forma orgánica. Rupert Riedl é un dos seus representantes máis destacados.

Remove ads

Historia da morfoloxía

Thumb
Retrato de Karl Gegenbaur

Antecedentes

Morfoloxía transcendental

Morfoloxía evolucionista

Entre 1865 e 1885 ten lugar a segunda época da morfoloxía transcendental.[3] Os morfólogos dispuñan entón dunha técnica moito máis desenvolvida, pero conceptualmente foi unha época moito menos rica que a anterior. Russell divide esta época en dous subperíodos:

O primeiro corresponde ás especulacións filoxenéticas de Alexander Kovalevsky, Anton Dohrn e Semper. Dentro deste período, podemos distinguir dous enfoques, dependendo de que as especulacións evolutivas estivesen baseadas en datos embriolóxicos ou anatómicos, que deron lugar a dúas teorías sobre a orixe dos vertebrados nos anos setenta: a primeira, defendida por Haeckel e Kovalevsky (continuando a obra de Rathke), defendía que o devanceiro dos vertebrados debía ser similar a unha larva ascidia; a segunda, defendida por Dohrn e Semper, concibía un devanceiro anélido segmentado.

O segundo período está marcado pola influencia da teoría das capas xerminais na análise filoxenética: a teoría da Gastraea (Haeckel) e do Celoma.

Outros

  • D'Arcy Thompson, On growth and form (Do crecemento e a forma)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads