Mósquidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mósquidos
Remove ads

A dos mósquidos (Moschidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes coñecidos vulgarmente como cervos almiscreiros.

Máis información Clasificación científica, Especies ...

A familia está conformada por un só xénero, Moschus, que á súa vez integra a sete especies.[1]

Remove ads

Características

Thumb
Cranio de Moschus moschiferus.

Os mósquidos son parentes primitivos dos cérvidos (Cervidae), dos que se diferencian por careceren de hastas e por posuíren, os machos, unha glándula caudal que segrega almiscre.

Esta substancia odorífera, segregada no período de celo, acumúlase nunha bolsa situada no abdome.

Cada macho de máis de tres anos produce uns 30 g de almiscre.

Os dentes cairos superiores dos machos son moi grandes e curvados, e están dirixidos cara a abaixo e cara ao exterior da boca.

Remove ads

Hábitat e distribución

Os cervos almiscreiros, todos asiáticos vivem principalmente en hábitats boscosos e matogueiras alpinas nas montañas do sur de Asia. Antigamente distribuíanse pola India, Paquistán, Tíbet, Siberia, Mongolia e a China.

Pero na actualidade estes animais encóntranse tan só en Siberia, no Himalaia e no Tíbet.[2]

Clasificación

A familia foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray (1800-1865).

Está integrada por varias especies, todas do xénero Moschus. A taxonomía á variábel segundo os autores.

Especies

A maioría dos autores recoñecen as seguintes sete especies:[1][3]

  • Moschus anhuiensis
  • Moschus berezovskii
  • Moschus chrysogaster
  • Moschus cupreus
  • Moschus fuscus
  • Moschus leucogaster
  • Moschus moschiferus

Ao bordo da extinción

Os cervos almiscreiros están ameazados de extinción porque os machos foron cazados (e aínda son hixe) para beneficiar o almiscre, substancia que se usa en perfumaría e, ademais, moi empregado na medicina tradicional chinesa.[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads