Mozilla Application Suite
suite de internet From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Mozilla Application Suite (orixinalmente coñecido como Mozilla, comercializado como Mozilla Suite) era unha multiplataforma integrada nunha suite de Internet. O seu desenvolvemento foi iniciado por Netscape Communications Corporation, antes da súa adquisición por AOL. Estaba baseado no código fonte de Netscape Communicator. O desenvolvemento estivo liderado pola Organización Mozilla dende o 1998 ata o 2003 e pola Fundación Mozilla dende o 2003 ata o 2006. Foi substituído pola suite de Internet SeaMonkey (SeaMonkey foi o nome código orixinal para o proxecto), unha suite de Internet impulsada pola comunidade, que está baseada no mesmo código fonte e continuou a ser desenvolvido cos novos códigos base de Mozilla.
A suite Mozilla estaba composta por varios programas principais: Navigator (un navegador web), Communicator (Mozilla Mail & Newsgroups), un desarolador de páxinas web (Mozilla Composer), un cliente IRC (ChatZilla) e un caderno de enderezos electrónicos.
As versións 6 e 7 da suite Netscape foron baseadas na suite Mozilla. A última versión oficial é 1.7.13, como agora a Fundación Mozilla está centrada no desenvolvemento de Firefox e Thunderbird. A suite Mozilla está dispoñible baixo os termos da trilicenza do proxecto Mozilla, como libre e software de código aberto.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mozilla Application Suite ![]() |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina principal do proxecto (en inglés; a partir de aí pode descargarse en diversa linguas e para diversos S.O.)
- Grupo de adaptación de Mozilla ó galegoArquivado 05 de abril de 2005 en Wayback Machine.
- Comunidade Mozilla en castelán
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads