Nós Diario

xornal de comunicación xeral de ámbito galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Nós Diario
Remove ads

Nós Diario é un xornal galego, publicado en Santiago de Compostela. O seu primeiro número impreso saíu á rúa o 2 de xaneiro de 2020.[1]

Datos rápidos Xornal de intereses galegos, Tipo ...
Remove ads

Historia

En novembro de 2017 o consello de administración da empresa Sermos Galiza S.A. emitiu un comunicado no que anunciaba a súa intención de comezar a editar un diario en papel.[2] Para facelo realidade artellouse un grupo promotor de 175 persoas e colectivos sociais,[3] que presentou o proxecto en xaneiro de 2018.[4] Conseguida a participación de máis de 3000 subscritores anunciou a súa saída para 2019,[5] aparecendo nos quioscos en xaneiro do 2020 con exemplares cinco días por semana (de terza feira a sábado).

O xornal foi excluído polo goberno galego do repartimento de axudas aos medios do ano 2021, co argumento de non ser un diario, malia que a OXD define "diario" como "calquera publicación que se edita catro ou máis días por semana".[6] A Xunta volveu excluír o xornal da liña de axudas no 2022, malia figurar entre os seus obxectivos a normalización da lingua e a defensa da cultura galega.[7] As reclamacións da empresa foron desestimadas polo TSXG en xaneiro de 2023.[8]

Remove ads

Consello de administración

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads