Número EC
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O número da Comisión de Encimas (Enzyme Commission) ou número EC é un esquema de clasificación numérica para os encimas baseado nas reaccións químicas que catalizan, elaborado pola Comisión de Encimas da Unión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular.[1] Como é parte dun sistema de nomenclatura de encimas, cada número EC está asociado cun nome recomendado para o encima respectivo.
Falando estritamente, os números EC non especifican encimas, senón máis ben reaccións catalizadas por encimas. Se distintos encimas (por exemplo de diferentes organismos) catalizan a mesma reacción, recibirán o mesmo número EC.[2] Polo contrario, existen tamén os identificadores UniProt, que especifican unha proteína só pola súa secuencia de aminoácidos.[3]
Remove ads
Formato do número EC
Cada código de encima consta das letras "EC" seguidas de catro números separados por puntos. Os números representan a clasificación do encma en grupos progresivamente máis detallados.
Por exemplo, as tripéptido aminopeptidases teñen o código "EC 3.4.11.4", cuxos compoñentes significan que pertence ás seguintes clases de encimas:
- EC 3. O primeiro número indica o primeiro nivel da clasificación, que consta de seis grandes clases de encimas. O número 3 corresponde ás hidrolases, é dicir, encimas que utilizan a auga para romper enlaces noutra molécula (hidrólise).
- EC 3.4. O segundo número indica un subgrupo dentro das hidrolases. O grupo 4 corresponde ás hidrolases que actúan sobre enlaces peptídicos; por tanto, romperán enlaces peptídicos utilizando para facer dita reacción unha molécula de auga.
- EC 3.4.11. O número 11 indica as hidrolases que rompen enlaces peptídicos rompendo o enlace do extremo amino terminal do polipéptido, polo que separan o aminoácido situado nese extremo.
- EC 3.4.11.4. O número 4 final asígnase a aqueles encimas que hidrolizan os enlaces peptídicos polo extremo N-terminal concretamente de tripéptidos.
Remove ads
Códigos de nivel máis alto
Remove ads
Historia
O esquema para a nomenclatura dos encimas empezou a desenvolverse en 1955, cando o Congreso Internacional de Bioquímica en Bruxelas creou a Comisión de Encimas. A primeira versión publicouse en 1961. A edición actual é a sexta, publicada pola Unión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular en 1992, e contén 3196 encimas distintos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads