CD56

From Wikipedia, the free encyclopedia

CD56
Remove ads

O CD56 (cluster de diferenciación 56) ou molécula de adhesión celular neural (NCAM, ás veces N-CAM) é unha glicoproteína de adhesión celular que se expresa na superficie das neuronas, glía, células do músculo esquelético e células asasinas naturais. A NCAM está implicada na adhesión célula-célula,[1] crecemento da neurita (dendritas, axóns), plasticidade sináptica, aprendizaxe e memoria.

Thumb
Representación da NCAM1 (de PDB 1epf).
Remove ads

Formas, dominios e unión homofílica

A NCAM é unha glicoproteína da superfamilia das inmunoglobulinas. As células producen polo menos 27 ARNms de NCAM por splicing alternativo, polo que existe unha gran diversidade de isoformas de NCAM.[2] As tres isoformas principais de NCAM varían só no seu dominio citoplasmático, e son:

  • NCAM-120kDa (ancorada a GPI)
  • NCAM-140kDa (dominio citoplasmático curto)
  • NCAM-180kDa (dominio citoplasmático longo)

O dominio extracelular da NCAM consta de cinco dominios de tipo inmunoglobulina seguidos de dous dominios de fibronectina tipo III (FNIII). Os distintos dominios da NCAM teñen diferentes funcións, xa que os dominios tipo inmunoglobulina (Ig) están implicados na unión homofílica da NCAM, e os dominios FNIII están implicados na sinalización que orixina o crecemento da neurita.

A unión homofílica[3] ten lugar entre moléculas de NCAM situadas en superficies opostas (trans-) e moléculas de NCAM da mesma superficie (cis-)1. Hai moita controversia sobre a forma exacta en que se dispoñen as unións homofílicas da NCAM tanto en trans- coma en cis-. Os modelos actuais suxiren que a unión homofílica trans- ocorre entre dúas moléculas NCAM antiparalelas entre todos os cinco dominios Ig ou só entre IgI e IgII. A unión homofñílica cis- pénsase que ocorre por interaccións entre IgI e IgII, e tamén IgI e IgIII, formando un multímero NCAM de alta orde. Tanto a unión homofílica da NCAM cis- coma a trans- son importantes para a "activación" NCAM que dá lugar ao crecemento da neurita.

Remove ads

Exóns menores

Outra capa de complexidade nestas moléculas créase pola inserción doutros exóns "menores" no transcrito da NCAM, o que crea unha variación nas isoformas. Os dous máis salientables son:

  • O VASE (VAriable domain alternativelly Spliced Exon[4], exón de splicing alternativo de dominio variable) exón que se cre se correlaciona cunha inhibición das propiedades da NCAM que promocionan o crecemento de neuritas.[5][6]
  • O MSD (Muscle Specific Domain, dominio específico de músculo), que se pensa xoga un papel positivo na fusión de mioblastos.[7] No músculo esquelético encóntrase este dominio nas tres isoformas da NCAM, o que incrementa a súa masa molecular, orixinando as isoformas NCAM-125, NCAM-145, e NCAM-185, pero é máis común encontralo na isoforma NCAM-125.[7]
Remove ads

Modificación postraducional

O NCAM mostra distintas glicoformas orixinadas por modificación postraducional por adición de ácido polisiálico (PSA) ao quinto dominio de tipo inmunoglobulina, que se cre lle dá as súas propiedades de unión homofílica e pode orixinar unha redución da adhesión celular importante na migración e invasión celular. O ácido polisiálico sábese que é crucial para a aprendizaxe e a memoria. A eliminación do ácido polisiálico do NCAM feita polo encima endoneuraminidase (EndoN) suprime a potenciación a longo prazo (LTP) e a depresión a longo prazo (LTD) das neuronas.[8][9][10]

Función

A NCAM pénsase que realiza sinalizacións que inducen o crecemento de neuritas por medio do receptor do factor de crecemento de fibroblastos (FGFR)[11] e actúa sobre a vía de sinalización p59Fyn.

Patoloxía

En anatomía patolóxica utilízase o CD56 en métodos inmunohistoquímicos para recoñecer certos tumores.

  • Entre as células normais que se tinguen positivamentre para o CD56 están: células NK, células T activadas, e células dos tecidos do cerebro e cerebelo, e neuroendócrinas.
  • Os tumores que son CD56 positivos son: mieloma, leucemia mieloide, tumores neuroendócrinos, tumor de Wilms, neuroblastoma, linfomas de células NK/T, carcinoma de célula acinar pancreática, feocromocitoma, paraganglioma, carcinoma pulmonar de células pequenas, e a familia de tumores do sarcoma de Ewing.
Remove ads

Terapia anti-NCAM

O NCAM utilizouse como diana en inmunoterapia baseada en anticorpos experimental. Demostrouse unha exitosa radioinmunolocalización de metástases despois de administrar inxeccións dos radioinmunoconxugados que se unen ao NCAM 123J-UJ13a ou 131J-UJ13a a nenos con neuroblastoma. Os pacientes con cancro pulmonar de células pequenas que foron tratados coa inmunotoxina anti-NCAM huN901-DM1 en dous estudos clínicos diferentes, mostraron unha aceptación do nivel de toxicidade e signos de resposta clínica.[12]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads