Pneumonía eosinofílica crónica
doenza do aparello respiratorio From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A pneumonía eosinofílica crónica (PEC ou NEC) é unha doenza do aparello respiratorio que forma parte do grupo de doenzas denominado eosinofilias pulmonares, caracterizadas pola infiltración de eosinófilos nas vías respiratorias, alvéolos e intersticio pulmonar. Os primeiros en identificaren a un doente de pneumonía eosinofílica foron Christoforidis e Molnar no ano 1960, mentres que Carrington e o seu equipo foi quen de establecer a primeira serie de pacientes en 1969[1][2]. A PEC é unha doenza rara e de etioloxía descoñecida. Porén, estableceuse a asma como factor asociado, xa que case o 50% ou ben acompaña ou ben precede á eosinofilia. O tratamento baséase no uso de corticoides.
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |

Remove ads
Clínica
Os síntomas máis comúns neste tipo de eosinofilia son, de maior a menor frecuencia, a tose (93% dos doentes), dispnea (92%) e febre (77%). Tamén poden acontecer outros síntomas inespecíficos, aínda que con menor frecuencia, como son a hemoptise (tose sanguinolenta), malestar xeral, sibilancias pulmonares, suores nocturnas, perda de peso, dor torácica, artralxias e estertores na auscultación respiratoria[3]. Na maioría dos casos a doenza concorre cun curso insidioso, isto é, acontece unha evolución gradual, cunha media de 7 meses de evolución antes de establecer o diagnóstico e instaurar un tratamento axeitado. A remisión da doenza sen tratamento é rara, sendo de arredor do 10%[4].
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads