Naval Ocean Surveillance Satellites 1
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Naval Ocean Surveillance Satellites 1 ou Naval Ocean Surveillance System 1 (NOSS 1), tamén coñecidos como Parcae e White Cloud, foi unha serie de satélites de recoñecemento electrónico para a localización de buques por triangulación dos seus sinais electromagnéticos.[1][2]
Remove ads
Características
Os satélites NOSS 1 eran lanzados en tripletes de tal xeito que unha vez en órbita podían triangular navíos pola detección das súas emisións de radar. Os satélites foron desenvolvidos polo Laboratorio de Investigación Naval (NRL) baseándose na experiencia cos satélites Grab e Poppy. Para lanzalos usáronse foguetes Atlas E, Atlas F e Atlas H modificados para poder orbitar múltiples cargas. Tódolos lanzamentos se fixeron desde a base Vandenberg da Forza Aérea. Unha vez en órbita cada triplete de satélites voaba en formación, formando un triángulo cunha separación entre satélites de entre 30 e 240 km. Cada satélite estabilizábase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro de 15 m de longo, asegurando que as antenas de cada satélite apuntaran sempre cara terra. Aos NOSS 1 lles seguiron os NOSS 2.[1][2]
Remove ads
Historial de lanzamentos
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads