Xunta Nacional de Seguridade no Transporte
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB polas súa siglas en inglés) é unha axencia de investigación independente do goberno dos Estados Unidos responsable da investigación de accidentes de transporte civil. Neste papel, a NTSB investiga e informa sobre accidentes e incidentes de aviación, certos tipos de accidentes en autoestradas, accidentes de busques, incidentes en gasodutos, e accidentes de ferrocarril.[1] Cando se lle solicita, a NTSB axuda a militares e a gobernos estranxeiros a investigar accidentes.[1] A NTSB tamén é a engargada de investigar casos de emisións de materiais perigosos que ocorren durante o transporte. A axencia está baseada en Washington, D.C. En decembro de 2014 tiña catro oficinas rexionais situadas en Anchorage, Alasca; Denver, Colorado; Ashburn, Virxinia; e Seattle, Washington.[2] A axencia tamén ten un centro nacional de adestramento nas súas instalacións de Ashburn.[3]

Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads