Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A nomenclatura das unidades territoriais estatísticas, coñecida como NUTS (polas siglas en francés, Nomenclature d'unités territoriales statistiques) é unha forma de clasificación territorial que se utiliza na Unión Europea con fins estatísticos.
Historia e características
Foron creadas pola Oficina Europea de Estatística (Eurostat) para dar uniformidade ás estatísticas rexionais europeas e son utilizadas, entre outras cousas, para a redistribución rexional dos fondos estruturais da UE.
Foron aprobadas, pola Lexislación Comunitaria, en 1988, pero non foi até o ano 2003 cando entraron plenamente en funcionamento no regulamento do Parlamento Europeo.
A nomenclatura NUTS ten unha estrutura xerárquica de tres niveis, dos que as rexións NUTS-1 representan a xerarquía maior, e dous niveis de unidades administrativas locais (en inglés LAU) que tamén se chaman NUTS niveis 4 e 5.
Remove ads
Criterios de clasificación
O establecemento das unidades territoriais baséase, en principio, nas unidades administrativas xa existentes en cada un dos Estados membros.
Por unidade territorial enténdese unha rexión xeográfica cunha autoridade administrativa establecida e con competencia institucional e legal no Estado en cuestión. Os niveis de NUTS nos que se divide unha unidade administrativa son dependentes dos límites de poboación que fixa a táboa seguinte:
Os códigos NUTS comenzan coas dúas letras do código ISO 3166-1, excepto no Reino Unido que utiliza UK no canto de GB. Engádense unha, dúas ou tres cifras para os códigos NUTS de nivel 1, 2 ou 3, respectivamente.
Espérase que a medio prazo cada un dos Estados membros teñan adecuada a súa estrutura administrativa ao modelo proposto pola UE. Nalgúns casos, como o é España, os niveis de NUTS quedaron practicamente igual á organización político-administrativa existente, con tan só unha agrupación de Comunidades Autónomas no NUTS-1. Noutros casos, como en Portugal ou no Reino Unido, tivéronse que modificar profundamente as unidades territoriais clásicas para conformar un mapa máis funcional e equiparábel ao resto dos países membros.
Remove ads
Modelo de división europea por NUTS



(*) Unidade que non corresponde con ningunha división oficial actual no país en cuestión, pero que se acepta con fins estatísticos.
(¹) NUTS-2 en Alemaña = 41 unidades
- 22 Distritos administrativos (Regierungsbezirke) en 5 Estados federados: Baviera, Baden-Württemberg, Hesse, Renania do Norte-Westfalia e Saxonia
- 10 Distritos administrativos noutros 3 Estados federados: Baixa Saxonia, Renania-Palatinado e Saxonia-Anhalt.
- 2 en Brandeburgo (rexión occidental e oriental), sen efecto administrativo ningún.
- 7 Estados federados restantes.
(²) Desde 1999 aprobadas polo goberno húngaro para axustarse aos criterios europeos.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- mapa - mapa de Portugal cos NUTS III (en portugués)
- Regulamento (CE) nº 105/2007 da Comisión, de 1 de febreiro de 2007 - NUTS na Unión Europea Arquivado 03 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en portugués)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads