Nacionalidade histórica
estatuto constitucional das rexións españolas con competencias From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nacionalidade histórica é un termo usado no Estado Español para caracterizar ás comunidades autónomas que declaran ter unha identidade colectiva particular.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |

Remove ads
Historia e características
Termo recorrente na política do Estado español. É usado para designar aquelas comunidades autónomas que polo seu pasado histórico e mais o seu presente contan cunha identidade colectiva, lingüística e cultural de seu, diferenciada da recoñecida como española. A Constitución Española de 1978 non fai mención explícita a este termo, malia que foi discutido e segue a ser unha cuestión polémica que hoxe figura nos estatutos dalgunhas comunidades autónomas, as cales posúen un grao maior de competencias cedidas por parte do goberno do Estado.
Estatutos
Con data de 2010, as comunidades autónomas que teñen recoñecida a característica de «nacionalidade», segundo está estipulado en cadanseu estatuto, son:
- Comunidade Autónoma de Andalucía: utiliza o termo «nacionalidade» no primeiro estatuto da restauración democrática, pero na reforma en marcha en 2006, está a considerarse o termo realidade nacional.
- Comunidade Autónoma de Aragón: utiliza o termo «nacionalidade» a partir das modificacións de 1996[1].
- Comunidade Autónoma das Illas Baleares: usa o termo «nacionalidade histórica» xa no primeiro artigo do estatuto de autonomía do 1983.
- Comunidade Autónoma das Illas Canarias: a partir da reforma de Estatuto de Autonomía de 1996.
- Comunidade Autónoma de Cataluña: utilizaba o termo «nacionalidade» no primeiro estatuto da restauración democrática, e na reforma de 2006, aparece o termo nación no preámbulo.
- Comunidade Autónoma Galega: utiliza o termo «nacionalidade histórica» xa no primeiro estatuto da restauración democrática.
- Comunidade Autónoma Vasca: utiliza o termo «nacionalidade» no primeiro estatuto da restauración democrática.
- Comunidade Autónoma Valenciana: a partir do Estatuto de Autonomía de 2006 utiliza o termo "nacionalidade histórica".
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads