Nebaliáceos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos nebaliáceos (Nebaliacea) é unha suborde de crustáceos da clase dos malacostráceos, subclase dos filocáridos, a única da orde dos leptostráceos.[1]

Remove ads
Taxonomía
Descrición
A suborde foi descrita en 1904 polo zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía, William Thomas Calman.[1]
Etimoloxía
O nome científico Nebaliacea está formado polo adición ao nome do seu xénero tipo, Nebalia, o sufixo -acea.[2] Este sufixo deriva do latín -āceus, -ācea, -āceum, formas que se utilizan na linguaxe científica para formar adxectivos denominativos, denotando "que aparenta", "que parece", "semellante a".[3]
Familias
A suborde comprende tres familias:[1]
- Nebaliidae Samouelle, 1819 (en galego, nebalíidos)
- Nebaliopsididae Hessler, 1984 (en galego, nebaliopsidídos)
- Paranebaliidae Walker-Smith & Poore, 2001 (en galego, paranebalíidos)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads