Neil Murray (músico australiano)

músico australiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Neil James Murray, nado en Ararat, Victoria en 1956, é un músico, cantautor e guitarrista australiano. Foi membro fundador do grupo musical Warumpi Band (1980–88, 1995–2000) que foi un dos primeiros grupos de rock coa maioría dos membros aborixes australianos e foi unha grande influencia no desenvolvemento do rock aborixe. Murray foi recoñecido como un dos cantautores principais da escena musical australiana nos APRA Awards de 1995, gañando o premio de Canción do Ano por "My Island Home" – interpretado pola exmembro da súa banda Christine Anu. Esta canción tamén apareceu entre o Top 30 APRA das mellores cancións australianas en 2001.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Murray tivo unha carreira en solitario en 1989 e lanzou oito álbums de estudio até o ano 2014. Murray fixo xiras e actuacións por toda Australia, a carón da súa propia banda, The Rainmakers, ou en solitario. Tamén fixo actuacións con Shane Howard (exmembro de Goanna), entre 2006 e 2007.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads