Muraño de Cabrera

From Wikipedia, the free encyclopedia

Muraño de Cabrera
Remove ads

O muraño de Cabrera ou murgaño de Cabrera[Cómpre referencia] (Neomys anomalus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Morfoloxía

O murgaño de Cabrera é de pequeno tamaño, de 6 a 9 cm de tronco, e de 4 a 6 cm de cola, cun peso total de entre 7,5 a 16 g. A cor varía, o bandullo sempre é claro, case branco, e a cola é bicolor. As orellas están ocultas totalmente no pelame, o fociño é groso e os dentes de cor granate.

A orla das cerdas natatorias nos pés traseiros, está menos desenvolvida cá noutras especies de murgaño (Neomys fodiens), por estar menos ligado á auga.

Remove ads

Distribución e hábitat

Áchase en toda Europa e occidente de Asia, mais é menos abondoso có patibranco, faltando na Europa do norte e Inglaterra.

Habita en augas limpas e non contaminadas e fendas de mananciais. Nas montañas vive en pastos húmidos, en zonas pantanosas, ladeiras e prados húmidos; mesmo se lle acha ás veces nos edificios. É un bo indicador da pureza de ríos e regatos.

Comportamento

Nada e mergulla moi ben, é activo as 24 horas, o seu metabolismo é semellante ao dos ratos. Escarva galerías nas beiras, é gregario, o seu niño é unha bóla grande e compacta de herba, raíces e musgo, dentro dunha cavidade. A súa pel de veludo non se molla ao mergullar (inclusións de aire).

É territorial na época de celo, que dura dende abril a setembro, con frecuentes loitas, onde os animais berran, forte e perceptiblemente, teñen 2-3 camadas ao ano, de 4 a 8 crías, por camada, espidas e cegas, poden vivir 1 ou 2 anos.

Aliméntanse de insectos e outros pequenos invertebrados, caracois acuáticos, pequenos peixes e ras, adoitan devorar as súas presas, localizadas polo cheiro, en terra, raras veces na auga.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads