Nomuka

From Wikipedia, the free encyclopedia

Nomukamap
Remove ads

Nomuka é unha illa do grupo Ha'apai ou tamén chamado Grupo Gálvez, no reino de Tonga. Está situada a 105 km ao norte de Tongatapu.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Remove ads

Xeografía

A illa ten unha forma triangular cunha superficie de 7´12 km². Consiste nunha plataforma elevada de coral, cunha altitude máxima de 51 m. A illa contén no interior unha lagoa salgada de 1´5 metros de profundidade. Só a 30 km ao leste atópase o volcán activo de Fonuafo'ou.

A poboación total era de 550 habitantes no censo de 1996.

Illas do grupo Nomuka

Ao redor de Nomuka localízanse varias illas, case todas elas deshabitadas:

  • Nomuka Iki (Pequena Nomuka), localízase a 1,5 km ao sur de Nomuka, separada por unha canle navegable de 500 m de ancho. Ten unha altitude máxima de 45 m.
  • Mango 20°20′S 174°43′O, a 8 km ao sueste de Nomuka. Cunha altitude máxima de 43 m. Na costa norte hai un pobo cunha igrexa e 81 habitantes..
  • Mango Iki (Pequena Mango), A 1 km ao oeste de Mango.
  • Nukufaiau 20°18′S 174°42′O, a 3 km ao norte de Mango.
  • Luafitu 20°20′S 174°38′O, é un escollo situado a 7 km ao leste de Mango.
  • Nukutula 20°15′S 174°41′O é un banco de area de 5,5 m de altitude, situado a 4 km ao norte de Nukufaiau.
  • Fonoifua, a 6 km ao leste de Nukutula. Ten 104 habitantes.
  • Tano'a, és un illote a 1 km ao sur de Fonoifua,
  • O grupo Otu Tolu está formado por catro illas sobre os mesmos escollos, situadas a 24 km ao leste de Nomuka. Son illas baixas e boscosas.
Remove ads

Historia

Nomuka foi a primeira illa descuberta do grupo Ha'apai. O holandés Abel Tasman, en 1664, púxolle o nome da cidade holandesa de Rotterdam. O seguinte en chegar foi o inglés James Cook, en 1774, interesado en comprobar os descubrimentos do holandés.

Nomuka foi historicamente importante para os barcos de paso para o abastecemento de auga fresca. Era coñecida con diferentes transcricións do nome indíxena: Anamooka i Anamocka, a parte de Nomuka.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads