O Vicedo
concello da comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Vicedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.882 habitantes (2.011 no 2009, 2.146 no 2005, 2.181 no 2004, 2.228 no 2003). O xentilicio é vicedao ou vicedense.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | O Vicedo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.613 (2023) (21,23 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 75,96 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 20 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Jesús Novo Martínez | ||||
Eleccións municipais no Vicedo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27064 | ||||
Sitio web | concellodovicedo.org | ||||
O concello naceu coa constitución de 1812. O territorio que abranguía non se correspondía co actual, senón que se dividía en tres concellos: Negradas, Val e Cabanas. En 1835 estableceuse unha nova división municipal segundo un real decreto, onde o territorio do concello se distribuíu nos concellos de Galdo (O Vicedo, San Miguel de Negradas e San Román de Vale) e Viveiro (Suegos, Mosende, Río Barba e Cabanas). Esta división durou só 5 anos e o 18 de outubro de 1840 aparece o concello de Riobarba, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo coas parroquias actuais do municipio do Vicedo.
Durante os seguintes anos mantívose certa estabilidade manténdose Río Barba como capital do municipio do mesmo nome, até que no ano 1952, mediante circular do gobernador civil de Lugo, cambiouse a capitalidade e o nome do municipio polo de Vicedo (sic) o 14 de xullo de 1952, nome dun lugar da parroquia do mesmo nome. En 1983, mediante a Lei de normalización lingüística, o topónimo oficial pasou a ser O Vicedo.
Na parroquia do Vicedo está a igrexa de Santo Estevo do Vicedo.
Censo total 2014 | 1.882 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 161 (8.55 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.086 (57.7 %) |
Maiores de 65 anos | 635 (33.74 %) |
Evolución da poboación vicedense desde 1920 ata o ano 2009:
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Vicedo vexa: Lugares do Vicedo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.