High Energy Astronomy Observatory 2
Observatorio espacial de raios X dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
HEAO 2 (acrónimo de High-Energy Astronomy Observatory 2), renomeado máis tarde como observatorio Einstein, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 13 de novembro de 1978 mediante un foguete Atlas-Centaur desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4][5]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Einstein (homónimos).
Remove ads
Características
HEAO 2 formou parte dunha serie de tres observatorios espaciais adicados á observación no rango dos raios X e raios gamma, continuando o traballo feito por satélites como o ANS, os satélites das series OSO e SAS e os satélites Vela.[2][4]
A misión de HEAO 2 era estudar fontes de raios X específicas e o fondo cósmico de raios X, localizar con precisión fontes no rango de enerxías entre 0,2 e 4,0 keV, facer medicións espectrais de alta sensibilidade e facer medidas de alta precisión de fontes transitorias de raios X.[2][4]
HEAO 2 era idéntico a HEAO 1, coa diferenza de levar volantes de inercia para permitir un apuntado cunha precisión de 1 minuto de arco. Estaba composto por un módulo de equipo (SEM, spacecraft equipment module), onde ía aloxado o equipo de control do satélite, e un módulo de experimentos (EM, experiment module) aloxando parte do sistema eléctrico e catro experimentos.[2][4]
HEAO 2 tiña forma de poliedro de seis caras de 5,68 m de longo e 2,67 m de diámetro, cun peso duns 3130 kg, incluíndo 1450 kg dos experimentos. A taxa de transmisión de datos era de 6,5 kb/s para transmisión en tempo real e de ata 128 kb/s para transmisións desde calquera das dúas cintas de almacenamento de datos de a bordo. Reentrou na atmosfera o 25 de marzo de 1982.[1][2][4]
Remove ads
Experimentos
HEAO 2 levaba a bordo un telescopio de incidencia de raios X en cuxo plano focal podía colocarse un de varios experimentos posibles:[2][4]
- High Resolution Imaging (HRI): unha cámara dixital de raios X para o rango entre 0,15 e 3,0 keV.
- Imaging Proportional Counter (IPC): contador proporcional sensible á posición para o rango entre 0,4 e 4,0 keV.
- Solid State Spectrometer (SSS): detector de litio e silicio arrefriado crioxénicamente para o rango entre 0,4 e 4,5 keV.
- Bragg crystal spectrometer (FPCS): un espectrómetro de cristal de Bragg.
- Monitor Proportional Counter (MPC): monitor para o rango entre 1 e 20 keV.
- Un espectrómetro de banda larga, Broad Band Filter (BBFS).
- Objective Grating Spectrometer (OGS): un espectrómetro de incidencia.
Remove ads
Resultados
HEAO 2 foi o primeiro observatorio en raios X en facer espectroscopía de alta resolución e estudos morfolóxicos de remanentes de supernovas. Ademais descubriu que as emisións das coroas de estrelas normais son máis intensas do esperado e resolveu varias fontes individuais na galaxia de Andrómeda e nas nubes de Magallanes. Tamén fixo o primeiro estudo de emisións de raios X por parte do gas galáctico e extragaláctico e detectou os chorros de raios X de Centauro A e de M87.[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads