Octante
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O octante é un instrumento de reflexión inventado polo inglés John Hadley en 1731 para observar a altura dos astros sobre o horizonte do mar. O arco do octante consta de corenta e cinco graos ou unha oitava parte do círculo, de onde vén a súa denominación.

A idea de aplicarlle o principio da reflexión á medida de ángulos tívoa Robert Hooke en 1684. Non obstante, o seu procedemento foi modificado despois por Newton, e Hadley non fixo máis que poñer estas ideas en práctica.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Octantes |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
