The Offspring
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
The Offspring, ou simplemente Offspring, é un grupo de música punk rock estadounidense, formado en Huntington Beach (California), no ano 1984. A banda está integrada en 2021 por Bryan Dexter Holland e Noodles (os dous membros desde o principio da banda), e Todd Morse; outros membros foron Ron Welly, Atom Willard, Josh Freese, James Lijla, Jim Benton, Dough Thompson, o baixista Greg K que deixou a banda en 2019 e o percusionista Pete Parada, expulsado en agosto de 2021. Parada padece a doenza de Guillain-Barré (enfermedade do sistema inmunitario que ataca aos nervios), e decidiu non vacinarse da Covid por recomendación médica. Nun comunicado afirmou "Non teño sentimentos negativos cara á miña banda. Están facendo o que cren que é o mellor para eles, mentres eu fago o mesmo" e anunciou que ía colaborar musicalmente coa súa filla.[1] Dexter Holland é doutor en bioloxía molecular cunha tese sobre VIH e ARN.[2]
A banda é acreditada, xunto coas californianas Green Day e Rancid, por revivir o interese masivo polo punk rock nos Estados Unidos durante mediados dos anos 90. O seu último disco é Let the Bad Times Roll, publicado en abril de 2021, e até esa data The Offspring leva editados dez álbums de estudio, un recompilatorio, catro EPs e tres DVDs. Levan vendidos ao redor de 34 millóns de álbums en todo o mundo, sendo unha das bandas de punk rock con máis vendas de todos os tempos. Todos os álbums dende a edición do seu derradeiro traballo con Epitaph Smash venderon un mínimo dun millón de copias.
O 2 de agosto de 2021, o batería Pete Parada anunciou que fora despedido de The Offspring por negarse a vacinarse contra a COVID-19.[3] Nunha entrevista en novembro de 2021, Holland e Wasserman detallaron os "obstáculos" que seguían atopando á hora de considerar o que sería necesario para organizar unha xira cun membro do grupo non vacinado, e afirmaron que a decisión se tomou "polo momento"[4]; Non obstante, en agosto de 2021, Pete Parada anunciou que fora despedido non só da xira senón tamén do estudo.



Remove ads
Discografía
Álbums
Remove ads
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads