Olhão
concello de Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Olhão (oficialmente, Olhão da Restauração), é un municipio e cidade portuguesa da rexión do Algarve (e do seu único distrito de Faro).
Remove ads
Xeografía
O concello de Olhão foi fundado en 1808.
Limita ao norte e ao leste co municipio de Tavira, ao oeste co de Faro, ao noroeste co de São Brás de Alportel, e ao sueste co océano Atlántico.
O municipio, que comprende unha parte continental e a illa de Armona, na ría Formosa, ocupa unha extensión de 126,82 km².[1]
Segundo o censo de 2001 contaba cunha poboación de 40 808 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 322 hab./km².
Remove ads
Historia: a vila de Olhão da Restauração
Despois da revolta dos olhanenses contra os franceses (entre o 16 e o 19 de xuño de 1808), algúns pescadores do lugar de Olhão oferecérose para ir ao Brasil a dar ao futuro Xoán IV de Portugal a noticia da restauración do Reino do Algarve. O Bom Sucesso, como se chamaba a embarcación, chegou ao seu destino o día 22 de setembro de 1808, asombrando ao propio príncipe rexente, que recompensou aos olhanenses con diversos cargos e os condecorou. O 15 de novembro, o mesmo monarca concedia ao lugar de Olhão o nobre título de Vila do Olhão da Restauração (sic), igualándoa ás "vilas máis notábeis do Reino". Deste modo, a pequena aldea, que non tería máis de 5 000 habitantes, conseguiu separarse de Faro e transformarse en concello.[3]
Remove ads
Freguesías

O municipio está subdividido en catro freguesías:[4]
- Moncarapacho e Fuseta
- Olhão
- Pechão
- Quelfes
Galería
- Câmara Municipal
- Comisaría da Guarda Nacional Republicana
- Praza do mercado no centro do municipio
- Casa da Primeira Infância da Misericórdia de Olhão
- Praia na illa de Armona
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads