Oligodendrioglioma

Tipo de tumor cerebral. From Wikipedia, the free encyclopedia

Oligodendrioglioma
Remove ads

Un oligodendroglioma é un tumor cerebral raro, englobado dentro do grupo dos gliomas. Teñen un crecemento lento e é pouco habitual que produzan metástases a outros tecidos, polo que son considerados tumores pouco agresivos. A célula predominante neste tipo de tumor deriva dos oligodendrocitos, que comezan a se dividir mitóticamente dun xeito descontrolado. Constitúen aproximadamente un 10% dos tumores primarios do cerebro e un 15% dos gliomas. A edad media de aparición é de 40 anos, e é raro que se dean en nenos. Son máis frecuentes en homes que en mulleres. Polo xeral, teñen unha evolución benigna e de mellor prognóstico ca os astrocitomas, e teñen unha maior resposta ao tratamento, que polo xeral está baseado en fármacos citostáticos. A sobrevivencia aos 5 anos é do 50% e aos 10 anos do 30%[1].

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Thumb
Oligodendroglioma nunha resonancia magnética, localizado no hemisferio dereito.
Matemática modelada de crecemento do anaplástico oligodendroglioma humano baseado en estruturas topolóxicas do estudo cerebral de dous pones (vídeo).
Thumb
IDH1 R132H no ologodendroglioma anaplástico.
Remove ads

Etioloxía

A causa de aparición dun oligondroglioma é aínda descoñecida. Porén, algúns estudos encontraron evidencias de asociación con causas virais. Un caso foi reportado dun oligodendroglioma asociado á irradiación dun adenoma da glándula pituitaria.[2] O trastorno xenético máis común é a deleción dos brazos do cromosoma 1 e 19.[3]

Signos e síntomas

A maioría dos casos preséntase após dun cadro clínico de convulsións. Os oligodendrogliomas acontecen na súa meirande parte no lóbulo frontal, afectando á personalidade. A hipertensión endocraneal acompaña coa cefalea, un dos síntomas do tumor. Outros síntomas e signos derivados do tumor poden ser a visión borrosa, debilidade motora e afectación cognitiva. É típico o debut convulsivo. Microscópicamente, caracterízanse pola existencia de células redondas, con núcleos hipercromáticos e citoplasmas claros, con aspecto semellante a un "ovo fritido". Son tamén habituais os quistes, as calcificacións e as hemorraxias espontáneas[4].

Remove ads

Diagnóstico e tratamento

Thumb
Micrografía dun oligodendrioglioma.

O diagnóstico dun oligodendroglioma baséase nos síntomas e signos clínicos e máis nas probas de imaxe. A TAC da unha imaxe hipodensa acompañada de áreas calcificadas que non son quen de captar contraste. A resonancia magnética tamén é útil para o diagnóstico deste tipo de tumores. Polo xeral, os oligodendriomas considérabse tumores incurábeis por medio dos tratamentos habituais. Porén, en comparación cos astrocitomas (os tumores cerebrais máis comúns), teñen unha maior supervivencia. Segundo algunhas series, a media de sobrevicencia é de 11,6 anos para os oligodendrogliomas de grao II, e de 3,5 anos para os de grao III[5]. O tratamento de elección e a extirpación cirúrxica reforaza con quimioterapia. Neste senso, os oligondendrogliomas con mutación cromosómica demostrada (cromosomas 1 e 19), a resposta á quimioterapia é maior que nos que non existe dita mutación. Os fármacos máis empregados son a vincristina e a procarbacina. En estadíos avanzados da doenza tamén se adoita asociar radioterapia.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads