Olympiacos F.C.

club de fútbol grego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Olympiacos Fútbol Club (en grego: Oλυμπιακός Σύνδεσμος Φιλάθλων Πειραιώς, transliterado "Olympiacos Syndesmos Filathlon Pireos", Olympiacos Club de Fans do Pireo), tamén coñecido como Olympiacos FC (grego: ΠΑΕ Ολυμπιακός) Olympiacos do Pireo, ou simplemente Olympiacos, ás veces escrito Olympiakos, é un club de fútbol grego que forma parte da sociedade polideportiva Olympiakos SFP, con sede no Pireo, Ática.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...

O Olympiacos está considerado como un dos tres grandes clubs de fútbol de Grecia, xunto ao Panathinaikos e ao AEK Atenas, e é un dos únicos tres equipos que nunca foron relegados da Primeira División. É, ademais, o club máis exitoso na historia do fútbol heleno, gañando 48 títulos de Liga, 29 Copas e 4 Supercopas, máis títulos que ningún outro equipo grego. Nas competicións europeas gañou a Liga de Conferencia da UEFA de 2023-24 e alcanzou os cuartos de final en dúas ocasións: na Liga de Campións 1998–99 e na Recopa de Europa 1992–93. O equipo sub-19 do club tamén gañou a Liga Xuvenil da UEFA de 2023-24, converténdose así no único club en gañar dous trofeos europeos nunha soa tempada. O Olympiakos é tamén un dos membros fundadores da Asociación Europea de Clubs.

Remove ads

Uniforme

Thumb
Camiseta oficial do Olympiacos para a tempada 2008–09.

O equipamento tradicional do Olympiacos é camiseta de raias vermellas e brancas e pantalón vermello. A continuación amósase un resumo dos equipamentos do club ao longo da súa historia, cos cambios máis significativos.

1971
1978
1979
1985
2008
Remove ads

Xogadores

Categoría principal: Xogadores do Olympiakos FC.

Cadro actual

Datos do 8 de setembro de 2014.
Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Palmarés

Torneos nacionais (81)

  • Super Liga de Grecia (48 – récord): 1930–31, 1932–33, 1933–34, 1935–36, 1936–37, 1937–38, 1946–47, 1947–48, 1950–51, 1953–54, 1954–55, 1955–56, 1956–57, 1957–58, 1958–59, 1965–66, 1966–67, 1972–73, 1973–74, 1974–75, 1979–80, 1980–81, 1981–82, 1982–83, 1986–87, 1996–97, 1997–98, 1998–99, 1999–00, 2000–01, 2001–02, 2002–03, 2004–05, 2005–06, 2006–07, 2007–08, 2008–09, 2010–11, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2014–15, 2015–16, 2016–17, 2019/20, 2020/21, 2021/22, 2024/25
  • Copa de Grecia (29 – récord): 1946–47, 1950–51, 1951–52, 1952–53, 1953–54, 1956–57, 1957–58, 1958–59, 1959–60, 1960–61, 1962–63, 1964–65, 1967–68, 1970–71, 1972–73, 1974–75, 1980–81, 1989–90, 1991–92, 1998–99, 2004–05, 2005–06, 2007–08, 2008–09, 2011–12, 2012–13, 2014–15, 2019–20, 2024–25
  • Supercopa de Grecia (4 – récord): 1980, 1987, 1992, 2007

Torneos internacionais (1)

  • Liga de Conferencia da UEFA (1): 2023–24

Outros Torneos Internacionais (4)

  • Copa Greco-Chipriota (3 – récord): 1969, 1972, 1976
  • Copa dos Balcáns (1): 1963

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads