One Piece

Serie de banda deseñada e animación xaponesa From Wikipedia, the free encyclopedia

One Piece
Remove ads

One Piece (ワンピース Wanpīsu?) é unha serie xaponesa de manga shōnen creada por Eichiro Oda e publicada na revista Shūkan Shōnen Jump. Conta cunha adaptación a serie de anime creada por Toei Animation.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Historia

O manga comezou a súa publicación o 19 de xullo de 1997 na revista semanal Shūkan Shōnen Janpu e ata o 31 de outubro de 2012 apareceron máis de 700 capítulos que se publican tamén como tankōbon, polo de agora 70. A serie de televisión, producida por Toei Animation, principiou a súa emisión en 1999 e ata o 2013 leva emitidos 600 episodios. En Galicia, a TVG e máis tarde TVG2 emiten a serie dentro do espazo Xabarín Club.

One Piece presenta as aventuras de Monkey D. Luffy, un adolescente de 17 anos que adquiriu habelencias sobrenaturais ao comer un froito do demo e que pretende conseguir o seu máis gran devezo, o gran tesouro One Piece o que o transformaría no Rei dos Piratas.

Remove ads

Sinopse

Monkey D. Luffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Luffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido.

Luffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro.

Nas súas aventuras, Luffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe pola Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.

Remove ads

Personaxes

Artigo principal: Personaxes de One Piece.

Episodios

Dobraxe

  • Estudio: Sodinor S.A. (Vigo).
  • Data: 2008-2012.
  • Dirección: Matías Brea.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Máis información Personaxe, Actor de dobraxe ...
Remove ads

Música de One Piece

Artigo principal: Música de One Piece.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads