Ordovícico

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ordovícico
Remove ads

O Ordovícico ou Ordoviciano é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era paleozoica do eón fanerozoico, que comezou hai 488,3 ± 1,7 millóns de anos e terminou hai 443,7 ± 1,5 millóns de anos.[1][2]

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Fontes e ligazóns ...

Sucesor do Cámbrico e anterior ao Silúrico, no Ordovícico o día tiña 21 horas e non había animais en terra firme pola escaseza de oxíxeno na atmosfera.

Remove ads

Terminoloxía

En obras clásicas considerábase que o ordovícico abarcaba desde os 505 millóns de anos até hai 440 millóns de anos.

O ordovícico, nomeado así en honor da tribo galesa dos ordovicos, foi definido por Charles Lapworth en 1879, para resolver unha disputa entre os seguidores de Adam Sedgwick e os de Roderick Murchison, que situaban os mesmos estratos do norte de Gales no Cámbrico e no Silúrico, respectivamente. E Lapworth recoñeceu que a fauna fósil presente nos estratos en disputa eran diferente tanto da do cámbrico como da do silúrico e deuse de conta de que estes restos tiñan que situarse nun período propio.

Remove ads

Eventos xeolóxicos

Durante o Ordovícico, producíronse importantes eventos xeolóxicos, incluíndo a formación de novas cordilleiras e o movemento dos continentes que configuraron os océanos e mares da época. A oroxenia tacónica foi un dos eventos tectónicos significativos deste período, afectando o que hoxe é América do Norte.

Bioloxía

A fauna mariña do Ordovícico foi diversa e incluíu trilobites, braquiópodos, graptólitos, e os primeiros corais. Tamén apareceron os primeiros cefalópodos e peixes con mandíbulas primitivas. A flora mariña estivo dominada por algas verdes e vermellas. As primeiras plantas terrestres comezaron a colonizar os ambientes costeiros cara ao final do período.

Fósiles

Abundan os fósiles, entre os que destacan os trilobites, e nalgunhas rexións formáronse nesta época os xacementos de petróleo e de gas natural.

Extinción do Ordovícico

Cara ao final do Ordovícico, ocorreu unha das maiores extincións masivas da historia da Terra, afectando gravemente a vida mariña.

As causas desta extinción inclúen a glaciación masiva, a caída do nivel medio do mar e a redución do hábitat mariño. Esta extinción marcou o final do período e abriu camiño para a diversificación da vida no Silúrico.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads