Orhan I

From Wikipedia, the free encyclopedia

Orhan I
Remove ads

Orhan ou Orkhan, nado en Sogut en 1281 e finado en Bursa en 1362, foi bei (príncipe) do recentemente formado Imperio Otomán, coñecido entón como a tribo dos Osmanlís, entre 1326 e 1362. Era fillo do bei Osman I Gazi, fundador de dito imperio. Cando morreu, o Imperio tiña unha extensión de 95.000 km².

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Tivo cinco fillos:

  • Süleyman Paşa (¿? - 1356).
  • Murad (1319/26 - 1389), bei e sultán co nome de Murad I.
  • Ibrahim.
  • Halil.
  • Kasim, e
  • unha filla, Fátima.
Remove ads

Traxectoria

Orhan conquistou a maior parte do oriente da Anatolia e tomou parte nas intrigas do decadente Imperio Bizantino ao casar con Teodora Cantacuzeno, filla de Xoán VI Cantacuzeno, entón titor do emperador Xoán V Paleólogo. Como prezo deste prestixioso matrimonio, axudou a Cantacuzeno a derrocar a Xoán V e os seus rexentes. En 1354 o fillo de Orhan, Süleyman Paşa, ocupou Gallipoli (evacuada pola súa poboación grega a raíz dun terremoto), facilitando ao Estado otomán unha cabeza de ponte en Europa continental.

Predecesor:
Osman I
Bei otomán
1326 - 1362
Sucesor:
Murad I
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads