Río Orinoco

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O río Orinoco é un dos ríos máis longos de Suramérica. Nace en Parima, Venezuela, preto da fronteira co Brasil, fai un grande arco primeiro cara ao noroeste, despois cara ao oeste, e logo cara ao norte, ata a fronteira con Colombia, para tomar dirección nordeste cara ao océano Atlántico, percorrendo un total de 2.140 quilómetros.

Datos rápidos Tipo, Inicio ...

A desembocadura forma un inmenso delta, ramificado en centos de ríos que abarcan unha extensión de 41.000 km² de selva húmida. A maioría dos ríos de Venezuela son tributarios do Orinoco, o máis grande deles é o río Caroní. O Orinoco é navegable en practicamente toda a súa extensión, permitindo o tráfico de barcos oceánicos ata Ciudad Bolívar, a 435 km da desembocadura.

O río Casiquiare forma unha canle natural entre o Orinoco e o Amazonas. Iníciase como un brazo do Orinoco pero remata desembocando no río Negro que é un afluente do Amazonas.

A rexión de chairas aluviais ó norte do Orinoco, cuxa altitude non supera os 100 m, inúndase na época de choivas, deixando o resto do ano terreos cunha vexetación de pasteiros tropicais de sabana.

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads