Uthman ibn Affan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
ʿUthmān ibn ʿAffān (árabe: عثمان بن عفان), nado en Taif en 576 e finado en Medina ou 17 de xuño de 656, é o ʿUthman por excelencia dentro da cultura árabe e islámica, tamén coñecido como Utmán, Uzmán, Otmán, Othmán ou Osman. Foi o terceiro dos chamados califas ortodoxos, a primeira serie de califas que gobernou o Imperio islámico entre a morte de Mahoma e a división que deu lugar ao califato omeia. Sucedeu ao califa Umar e gobernou entre os anos 644 e 656.
Remove ads
Traxectoria
Familia
Pertencía á tribo dos Quraysíes, era fillo de Affan ibn Abi al-'As, neto de Abu al-'As ibn Umayyah e bisneto de Abd Shams, tío bisavó de Mahoma. Polo seu irmán máis vello Abu Sufyan era tío de Muawiya ibn Abi Sufyan.
As súas relacións co profeta eran excelentes, xa que casou sucesivamente con dúas das súas fillas, Rukayya e Umm Kulthum.[1]
Califato
O califa Omar non designou sucesor, mais instaurou a shura (consello) formada por seis compañeiros do Profeta, dos que sairía o novo califa, pois estes formaban parte das dez persoas ás que o Profeta en vida lles asegurou o Paraíso. O elixido para ser o novo califa foi Uthman, que pertencía á rica familia dos Omeias.
Corán
Na balanza relixiosa, fixo unha recompilación e redactou a versión oficial do Corán, que é a que persiste na actualidade, declarando a invariabilidade do texto pois era o auténtico Corán, a palabra de Deus dada ao Profeta, en 114 suras, sendo a primeira "Al Fatiha".
Morte
Morreu asasinado o 17 de xuño de 656,[2][3][4] con 79 ou 80 anos, mentres ardía a súa casa.
Entre os seus inimigos atopábase Abdullah ibn Saba. A polémica ocasionada pola súa morte, desconformes coas súas decisións, foi a orixe do primeiro gran cisma do islam e a primeira guerra civil ou Primeira Fitna.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads