Péptido intestinal vasoactivo

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O péptido intestinal vasoactivo tamén chamado polipéptido intestinal vasoactivo ou VIP é unha hormona peptídica de 29 aminoácidos, que se produce en moitos tecidos de vertebrados, como o intestino, páncreas e núcleos supraquiasmáticos do hipotálamo cerebral.[1][2] O VIP estimula a contractilidade do corazón, causa vasodilatación, incrementa a glicoxenólise, fai baixar a presión arterial e relaxa o músculo liso da traquea, estómago e vesícula biliar. Nos humanos, o péptido intestinal vasoactivo está codificado polo xene VIP.[3]

O VIP ten unha vida media no sangue duns dous minutos.

Foi illado inicialmente de extractos intestinais e mostrou ter un potente efecto vasodilatador.

Remove ads

Funcións

O VIP exerce efectos sobre os seguintes tecidos:

Tamén se atopa no cerebro e algúns nervios do sistema nervioso autónomo. O VIP intervén no control dos ritmos circadianos ao influír sobre unha rexión do cerebro que comprende os chamados núcleos supraquiasmáticos, onde está localizado o marcapasos dos ritmos circadianos. Os núcleos supraquiasmaticos coordinan a temporalización diaria do corpo e o VIP desempeña un papel chave na comunicación entre unha determinada célula do cerebro e esta rexión. Ademais, o VIP está tamén implicado na sincronización da función dos núcleos supraquiasmáticos co ciclo de luz-escuridade ambiental. Estes efectos combinados sobre os núcleos supraquiasmáticos fan que o VIP sexa un compoñente crucial da maquinaria de control dos ritmos circadianos nos mamíferos.

  • O VIP axuda a regular a secreción de prolactina [9]; estimula a liberación de prolactina no pavo doméstico.
  • Tamén se encontra no corazón e ten efectos significativos no sistema cardiovascular. Causa a vasodilatación coronaria[5] e ten un efecto positivo inotrópico e cronotrópico. Estase a investigar se pode ser beneficioso no tratamento da insuficiencia cardíaca.
  • A GHRH é un membro da familia do VIP, a cal estimula a secreción de GH na adenohipófise.
Remove ads

Patoloxía

O VIP prodúcese en exceso no VIPoma.[5] Pode asociarse coa neoplasia endócrina múltiple tipo 1 (tumores hipofisarios, paratiroides e pancreáticos). Os síntomas son tipicamente os seguintes:

  • Diarrea profusa non hemorráxica/non mucoide (3L+), que causa a deshidratación e os trastornos electrolíticos asociados como hipocalemia (baixa concentracón de potasio) e trastornos de alcalose metabólica.
  • Síntomas derivados que poden aparecer son letargo e esgotamento.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads