Professional'naya basketbol'naya liga
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Professionalʼnaya basketbolʼnaya liga (Профессиональная баскетбольная лига, do ruso: Liga Profesional de Baloncesto), habitualmente abreviado PBL (ПБЛ), foi a máxima competición profesional de baloncesto de Rusia entre os anos 2010 e 2013, ano no que é substituída pola VTB United League. Esta competición foi a sucesora da Superliga, actual segunda división do baloncesto ruso.
Remove ads
Historia
Fundada no ano 2010, a liga contou con 10 equipos na temporada inaugural. Nove desdes equipos participaran o ano anterior na Superliga, sendo o décimo equipo o Nizhny Novgorod. A temporada inaugural 2010–11 comezou o 9 de outubro de 2010 cun partido entre o Dinamo e o CSKA de Moscova no Krylatskoe Sport Palace, pavillón local do Dinamo. O partido acabou con vitoria para o CSKA por 81−63. Ese ano, sería o propio CSKA o que finalmente se proclamaría vencedor da competición, tal e como sucedería nas dous seguintes, e únicas, edicións.
A temporada 2011–12 volveu a contar con 10 teams, aínda que coa baixa do Dinamo de Moscova a cambio do campión da Superliga, o Spartak Primorye. Na fase regular o CSKA acabaría no primeiro posto tras perder un só partido, seguido de preto polo BC Khimki. Tras a celebración das eliminatorias polo títulos, serían estes dous equipos os que se enfrontarían na final, gañando por 2-0 o CSKA. O ano seguinte, xa sen playoffs polo título, a CSKA gañaría o seu terceiro título consecutivo, sendo así o único equipo en gañar esta competición.
Antes de comezar a última temporada, en maio de 2012, xuntáronse todos os clubs da PBL para decidir que formato se utilizaría para a seguinte temporada. Na xuntanza algúns clubs propuxeron a posibilidade de fusionar a liga coa VTB United League para aumentar a competencia entre os equipos rusos, suxerindo que a nova liga se chamase "Eastern European Professional Basketball League" (do inglés: Liga Profesional de Baloncesto de Europa do Leste).[1] En xullo de 2012 o consello da VTB United League anunciou a súa decisión: a PBL continuaría un ano máis e despois a VTBUL pasaría ser a máxima categoría do baloncesto ruso.
Remove ads
Equipos
Os seguintes son todos os equipos que participaron na PBL, así como as súas respectivas clasificacións por temporada.[2]
Remove ads
Palmarés
- 2010−11 :
CSKA Moscova - 2011−12 :
CSKA Moscova - 2012−13 :
CSKA Moscova
Finais
Por equipo
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads