CD31
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O CD31 (cluster de diferenciación 31) ou molécula de adhesión de célula endotelial e plaqueta (PECAM-1) é unha proteína codificada nos humanos no xene PECAM1 do cromosoma 17, que se encontra na superficie de certas células da liña hematopoética.[1][2][3][4] O PECAM-1 xoga un papel esencial na eliminación dos neutrófilos vellos do corpo.
Función
O PECAM-1 encóntrase na superficie de plaquetas, e leucocitos, e constitúen unha boa porción das unións intercelulares das células endoteliais. A proteína CD31 é membro da superfamilia das inmunoglobulinas e probablemente está implicada na migración transendotelial de leucocitos, anxioxénese, e activación de integrinas.[1][5] Impide a adhesión dos fagocitos a células viables (por un sinal de repulsión) e facilita a fagocitose das células inviables durante a apoptose.[6]
Remove ads
Distribución nos tecidos
O CD-31 encóntrase normalmente en células endoteliais, plaquetas (e megacariocitos), macrófagos e células de Kupffer, granulocitos (neutrófilos), linfocitos (células T), células NK, e osteoclastos.
O CD-31 tamén se expresa en cetos tumores, como o hemanxioendotelioma epitelioide, hemanxiotelioma de tipo sarcoma epitelioide, outros tumores vasculares, tumores malignos histiocíticos e plasmocitomas. Atópase raramente nalgúns sarcomas, como o de Kaposi[7][8] e carcinomas.
Inmunohistoquímica

En inmunohistoquímica, o CD31 utilízase principalmente para demostrar a presenza de células endoteliais en preparacións de tecidos histolóxicos. Isto pode ser de axuda para avaliar o grao de anxioxénese tumoral, que pode implicar un crecemento rápido do tumor. As células endoteliais malignas tamén poden xeralmente conservar este antíxeno, polo que a inmunohistoquímica do CD31 pode tamén utilizarse para demostrar a presenza de anxiomas e anxiosarcomas. Tamén se pode demostrar a súa presenza en linfomas linfocíticos pequenos e linfomas linfoblásticos, aínda que se dispón de marcadores máis específicos para esas doenzas.[9]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads